Galicia suma 53 falecidos por Covid en cinco días

Sete novos falecidos elevan a 976 as vítimas da pandemia no país.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/11/2020 | Actualizada ás 21:31

Comparte esta noticia

Un total de sete persoas con COVID-19 faleceron nas últimas horas, o que eleva o total de mortes pola pandemia a 976 na comunidade galega. Todos eles contaban con patoloxías previas. Desde o luns faleceron 53 persoas pola Covid, sendo o luns, con 21 faledidos un dos peores días desde o inicio da pandemia.

Un paciente con Covid-19 é trasladado ao hospital
Un paciente con Covid-19 é trasladado ao hospital | Fonte: EP

Dous dos casos deste venres están vinculados con residencias de maiores: un home de 76 anos que se atopaba ingresado no Complexo Hospitalario de Ourense e procedía de Nosa Señora dos Miragres de Barbadás e unha muller duns 85 anos que faleceu nese mesmo centro.


O resto de mortes rexistradas foron a dunha muller de 82 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, un home de 82 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra, unha muller de 88 no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, un home de 80 no Chuvi e outra muller, de 86 anos, no HULA.

Con estas sete vítimas, Galicia alcanzou o total de 976 falecidos. Esta mesma semana, o luns, rexistrouse o maior número de mortes por coronavirus nesta segunda onda da pandemia e con cifras que se remontan a principios do mes de abril.

O pasado xoves notificouse o maior número de mortos nunha mesma xornada desde que comezou a segunda onda (13) e superouse a barreira dos 900 falecementos con coronavirus.

A primeira morte computada na Comunidade na denominada 'nova normalidade' foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados coa pandemia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta