Temas: CUNTIS MORTE PSOE

Falece aos 110 anos Josefina Villaverde, a muller máis lonxeva de Galicia e das filas do PSOE en España

Morreu este domingo no seu domicilio de Cuntis.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2020 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

Josefina Villaverde, a muller máis lonxeva de Galicia e de todos os afiliados do PSOE en España, faleceu este domingo no seu domicilio de Cuntis con 110 anos, segundo difundiron diferentes agrupacións socialistas a través das redes sociais. Ademais, o presidente do Goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, lamentou a perda da súa "compañeira máis lonxeva". "Unha muller valente, vital e comprometida cos valores socialistas á que botaremos de menos", engadiu a través da súa conta de Twitter.

Josefina Villaverde
Josefina Villaverde | Fonte: PSOE.

Tamén o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, expresou nun 'tuit' a súa "tristeza" polo falecemento desta "gran muller, comprometida e de ideas socialistas". Ambos os dous líderes deron o seu "pésame" á familia, aos seus amigos e á agrupación local.

Pola súa banda, o PSOE de Cuntis, localidade natal de Josefina Villaverde, manifestou na súa conta de Facebook o seu "loito" pola perda dunha muller "das que deixan pegada".

"Loitadora, libre, comprometida e adiantada aos seus tempos. Os 110 anos non te quitaron o sorriso dos teus beizos. Sempre disposta a compartir vivencias e saberes, fuches e serás por sempre un referente para Cuntis e para o socialismo", continúa.

O PSOE do municipio tamén expresa as súas "condolencias" e súmase "á dor" da familia. "As persoas márchanse, pero das que son boas, como ti sempre perdurarán os bos recordos. Sempre te levaremos no corazón e no pensamento. Que a terra che sexa leve", dedícalle finalmente o seu partido.

Temas: CUNTIS MORTE PSOE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta