O PSdeG denuncia que as axudas á hostalaría da Xunta chegan "tarde, mal e arrastro"

O PP defende os "importantes" apoios anunciados pola Xunta e avoga por que concellos estuden medidas como a baixada de taxas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2020 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou que as medidas anunciadas pola Xunta para apoiar ao sector da hostalaría legan "tarde, mal e arrastro". "En Galicia a día de hoxe nin un só negocio recibiu as axudas directas que Feijóo anunciou", sostivo o socialista, que lembrou que outras comunidades si puxeron en marcha estas medidas.

Gonzalo Caballero apoiou que a Xunta tome todas as decisións necesarias para protexer a saúde do galegos pero sostivo que deben de ir acompañadas doutras para "salvar e rescatar" aos pequenos negocios e á hostalaría, afectados por estas limitacións. Ademais, o socialista sinalou que o Goberno galego debe de facer uns orzamentos que despreguen "toda a capacidade orzamentaria" para conseguir saír da crise.

O PP DEFENDE AS AXUDAS ANUNCIADAS

En fronte, preguntado polas críticas da oposición, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou que os apoios anunciados pola Xunta son "moi importantes" e "complementarios" aos xenerais aprobados polo Goberno do Estado, como os ERTE.

"Cremos que chegan coa suficiente intensidade", sostivo o popular, que lembrou que leste mesmo luns o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Empergo e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reúnense co sector. "Confiamos en que permitan que o sector poida superar esta dramática situación", afirmou.

Un home pasa á beira dun establecemento pechado onde se pode ler 'Café, almorzos, ou comidas, só recoller ou encargar'  durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia,. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Un home pasa á beira dun establecemento pechado onde se pode ler 'Café, almorzos, ou comidas, só recoller ou encargar' durante o primeiro día de peche na hostalaría decretado debido á crise do Covid-19, en Santiago de Compostela, Galicia,. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta