Por E.P. | Santiago de Compostela | 11/11/2020 | Actualizada ás 14:56
O grupo estremeño Extremoduro anunciou as datas da súa nova xira de despedida en 2021, que tivo que aprazarse no seu día polo impacto da pandemia.
Así, tras a cancelación da súa xira prevista para este ano 2020, Extremoduro anunciou este mércores a través das súas redes sociais, as datas da súa nova xira, que arrincará en Valencia os días 14 e 15 de maio de 2021, e continuará o 21 e 22 de maio en Murcia.
A xira de despedida pasará tamén por Santiago de Compostela o 29 de maio (Monte do Gozo), mentres que en Madrid estará os días 4 e 5 de xuño; o 12 de xuño en Cáceres, e o 19 de xuño, en Sevilla.
Os seguintes concertos serán os días 25 e 26 de xuño en Barcelona; o 17 de xullo en Bilbao, e o 30 e 31 de xullo en Madrid, segundo avanza o grupo.
Nese sentido, a banda sinala que "aínda que de momento a situación non é nada boa , faltan máis de seis meses para que empece a xira", polo que confían "en que para entón poida arranxarse todo isto".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.