A Xunta non cre ás denuncias das traballadoras da residencia de Salvaterra e di que só confía nos seus inspectores

O PSdeG carga contra Política Social por "recoñecer" que actuou "despois da denuncia" nun centro intervido desde hai dúas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou que se analiza "moi detidamente" a situación na residencia de Salvaterra de Miño despois de "ter coñecemento" dun escrito das traballadoras no que se denuncian episodios de abandono aos usuarios do centro, intervido pola Administración autonómica desde o 27 de outubro. García insistíu que só se fiará do que digan os seus inspectores.

Así están os colchós sobre os que durmen os usuarios da residencia de Salvaterra de Miño
Así están os colchós sobre os que durmen os usuarios da residencia de Salvaterra de Miño | Fonte: Tegra

Díxoo en resposta a unha interpelación parlamentaria formulada pola diptuda socialista Marina Ortega durante o pleno ordinario que este mércores acolleu o Pazo do Hórreo, onde a parlamentaria do PSdeG cargou contra a conselleira por "recoñecer" que "actuaron despois da denuncia" que chegou aos medios nos últimos días "cando a residencia levaba 15 días intervida".

Maiores con úlceras sangrantes e unha situación deplorable, algúns deles pechados no propio cuarto, durmindo en colchóns rotos e sucios, e con lixo e porcallada en distintas estancias. Así é a situación que se atoparon o colectivo de  traballador@s de Residencias de Galicia (Trega) na residencia de Salvaterra de Miño, intervida pola Xunta  a finais de outubro polo contaxio masivo dos seus usuarios.

MENTIRA

E, a pesar diso, Fabiola García acusou á deputada socialista de "mentir" sobre o que ocorre na residencia de Salvaterra. "Fíome máis do que din os inspectores da Xunta que o que traslada vostede ou algún medio de comunicación", dixo a titular de Política Social en alusión ás noticias aparecidas en Galicia Confidencial e noutros medios nas que se denuncia o deplorable estado do centro e dos seus usuarios.

Así, a conselleira asegurou que a Xunta se atopa "analizando moi detidamente" a situación nesta residencia, ao que "inmediatamente" se trasladou "unha inspección" sanitaria e outra de servizos sociais para estudar as condicións nas que se atopa o centro.

Todo iso, continuou, co obxectivo de "salvar a todas as persoas que están na residencia e comprobar que se cumpre escrupulosamente a normativa vixente" e que, no caso de non seguirse, procederase á apertura de expedientes sancionadores.

Na súa réplica, a deputada Marina Ortega acusou de falsear a realidade á conselleira, á que convidou a ver os telexornais deste mércores nos que se viron imaxes de como eran cambiados os colchóns das camas da residencia de Salvaterra dúas semanas despois da súa intervención por parte da Administración autonómica.

"As intervencións son medidas excepcionais que se toman con criterios puramente sanitarios", remarcou a conselleira, que asegurou que o 98% das prazas residenciais en Galicia están nestes momentos "libres de covid".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Xesús Ateo Recalcitrante

A cousa parece vir xa de vello. E a Xunta, coma sempre, de vergoña. https://www.cig.gal/nova/a-cig-leva...