A evolución "preocupante" da Covid-19 pon en alerta Bergantiños e Terra de Soneira

Os rexedores piden "prudencia" dos veciños e a cumprir as medidas

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

Alcaldes das comarcas coruñesas de Bergantiños e Terra de Soneira trasladaron este xoves a "evolución bastante preocupante" da Covid-19 en municipios da zona, tras un aumento de casos, polo que apelan á "prudencia" dos veciños e a cumprir as medidas e á delimitación por comarcas para a adopción de medidas e información para "controlar" aos que incumpren a corentena.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez (BNG) sinalou que os rexedores das dúas comarcas aseguraron, durante a reunión telemática mantida na mañá deste xoves coa Consellería de Sanidade, que o seu municipio pasou de 52 a 126 casos nunha semana. "Unha tendencia que se repite", sinalou en relación a outros concellos da zona.

O alcalde de Malpica de Bergantiños, o socialista Walter Pardo, pola súa banda, asegurou que o seu municipio conta con 68 casos tras un incremento de "uns 20 esta semana", o que considera "preocupante", e defende que "hai que tomar medidas" como un cribado programado á "xente do mar" por "un brote que houbo", entre os que se testarán mariñeiros, traballadores da lonxa e da confraría de pescadores, entre outros, así como entre o persoal do servizo no fogar.

MEDIDAS

Este venres os "expertos" sanitarios os que se reunirán e analizarán a evolución da Covid-19 nestes municipios e determinarán as medidas a adoptar "polo ben da saúde pública". "Esperemos que as medidas sexan as acertadas", comentou Walter Prado.

O alcalde de Carballo contempla a posibilidade de que se decrete un peche perimetral e medidas como o peche da hostalaría como noutros 60 municipios galegos, aínda que insistiu en que "agora mesmo en Camariñas a situación é estable". E situou ao seu, xunto con Zas e Laxe, como os que "mellor" evolución presentan.

Entre outras "inquedanzas", algúns alcaldes pediron a Sanidade que lles informen dos datos de persoas positivas para poder "controlar" que cumpren coa corentena xa que, comentou a alcaldesa de Camariñas, a día de hoxe non dispoñen desa información e nalgúns casos veciños denunciaron que "non a gardan".

Gráfica da evolución da covid en Galicia
Gráfica da evolución da covid en Galicia | Fonte: Xornal de Vigo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta