O uso de Internet en Galicia é seis puntos menor a da media do Estado

87,4% dos galegos de 16 a 74 anos usaron internet nos últimos tres meses.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 16/11/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O 87,4% da poboación galega de entre 16 e 74 anos usou internet no últimos tres meses, case seis puntos menos que a media estatal (93,2%), segundo a enquisa sobre equipamento e uso de tecnoloxías de información e comunicación nos fogares correspondente ao ano 2020 que publica este luns o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, os usuarios diarios de internet sitúanse nun 75,2% da poboación en Galicia, e as persoas que compraron por internet no tres últimos meses, no 47,2%. As comunidades con maior porcentaxe de usuarios de internet nos tres últimos meses son Comunidade de Madrid (96,0%, o 94,1% en 2019), Cataluña (95,7%, o 93,7% en 2019) e Comunidade Foral de Navarra (95,4%, o 95,0% en 2019).

As que teñen maior porcentaxe no uso diario de internet son Comunidade de Madrid (87,6%, o 83,1% en 2019), Illes Balears (85,7%, o 78,3% en 2019) e Cataluña (85,5%, o 81,0% en 2019).

Pola súa banda, Comunidade de Madrid (62,9%, o 55,6% en 2019), Cataluña (60,2%, o 52,0% en 2019) e Comunidade Foral de Navarra (59,0%, o 54,7% en 2019) presentan as maiores porcentaxes de persoas que compraron por internet no tres últimos meses.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o 81,4% dos fogares con polo menos un membro de 16 a 74 anos dispón dalgún tipo de computador (de sobremesa, portátil, tablet), o que supón un aumento de 0,5 puntos respecto de 2019.

Por tipo de dispositivo, a 76,2% conta con computadores de sobremesa ou portátiles e o 58,4% con tablets. O teléfono móbil está presente en case a totalidade dos fogares (o 99,5%, cunha subida dun punto respecto de 2019). Pola súa banda, o teléfono fixo continúa o seu descenso e atópase dispoñible no 71,1% dos fogares, 3,8 puntos menos que en 2019.

O 70,6% dos fogares conta con ambos os tipos de terminais telefónicas. Un 0,5% dispón unicamente de fixo e un 28,9% utiliza exclusivamente o móbil para comunicarse desde o fogar (fronte ao 24,7% en 2019).En termos xerais, a maior poboación do municipio de residencia e a maiores ingresos, máis equipamento de TIC nos fogares (computadores, teléfono fixo ou móbil).

Muller con computador portátil. UGR
Muller con computador portátil. UGR | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta