Caballero critica que Galicia estea á "cola de España" en rastrexadores tras vender Feijóo que tiña 6.000

"Estamos cunha política de rastrexo errática e desnortada", denuncia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2020 | Actualizada ás 14:55

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou este luns que Galicia estea á "cola de España" no número de rastrexadores e nas axudas ao sector da hostalaría en relación ao resto do resto de comunidades.

"Fai falta unha resposta eficaz e suficiente desde a Xunta", recalcou Gonzalo Caballero nunha rolda de prensa ofrecida este luns, na que lembrado que Feijóo empezou anunciando 6.152 rastrexadores que despois "reduciu ata 700", mentres que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, séguese negando a facilitar os datos.

Ademais, apuntou que os datos do Instituto Carlos III reflicten que en Galicia se descoñece a orixe de "dúas de cada tres positivos", co que non se pode conter a propagación do virus. "Estamos cunha política de rastrexo errática e desnortada", subliñou.

Outra "carencia" na que Feijóo ten que rectificar, na súa opinión, é no relativo ás axudas directas aos sectores máis afectados polas restricións. "Aínda non hai un só negocio en Galicia que recibise un euro a pesar de que Feijóo pechou a hostalaría en 60 concellos hai 20 días", censurou.

Así mesmo, o secretario xeral constatou os 16 millóns comprometidos por Feijóo para unhas axudas que aínda non se materializaron cos 40 millóns de euros consignados por Euskadi para o mesmo fin ou os 30 millóns de Murcia. "Fai falta un plan de maior dimensión, porque a hostalaría está afogada", evidenciou.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida este luns. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida este luns. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta