Gómez-Reino reclama que Juan Carlos I deixe de "escapar" e regrese para aclarar se ten contas en paraísos fiscais

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 16/11/2020 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

Unidas Podemos asegurou que o rei emérito Juan Carlos I ten que deixar de "escapar" e regresar a España para explicar en sede xudicial a orixe da súa fortuna e das súas presuntas contas en paraísos fiscais.

Así o indicou o deputado no Congreso e representante de En Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, para valorar as últimas informacións xornalísticas sobre a investigación que afecta a Juan Carlos I.

Concretamente, Gómez-Reino faise eco dalgunhas informacións que apuntan a que o rei emérito tería "como encargado de efectuar determinadas operacións en Suíza a Arturo Fasana, investigado por branqueo no caso Gürtel".

"A cidadanía á que representou como Xefe do Estado merece saber a orixe da súa fortuna. É de imperiosa necesidade que regrese a España e colabore nas investigacións abertas polo Tribunal Supremo", resolveu.

O deputado de Unidas Podemos e representante de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino
O deputado de Unidas Podemos e representante de Galicia En Común, Antón Gómez-Reino | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

1 Gamela

ata onde sabemos o Rei Emérito está a "colaborar coa xustiza" o que non colabora nadiña é un tal Iglesias Turrión que escóndese detrás do AFORAMENTO para alongar ata o infinito un tema menor do cal están a facer causa de persecución política cando agora é il o que está á fronte das Cloacas no CNI (?) Pero o que sí sabemos é quen non cobra o IMV https://twitter.com/00Gamela/status... O candidato ás eleccións galegas que non deixa o escano en Madrid (sempre xogando a dúas baraxas!) A Rañala !!!

1 Grin

Gamela o que che faltaba, defender ao borbón. Como sighas así acabas de chalupa... ala!

2 Gamela

Sí, levas razón, esto nin falucho é... Non sei que sería da Raíña de Andorra e o seu marido , un tal Jodi Pujol... mira que levan anos mareando o tema do 3% e diso ninguén fala...? Eu non defendín ao Borbón, só dixen que de momento está a "colaborar coa xustiza" (?) Que eu saiba aínda non o declararon en Rebeldía... coma outros que andan por Waterloo ? Pero tes razón esto xa nin falucho é ... aquí todo dios dá por bo calquera cousa que lle poñan diante...