Dispáranse os casos no CEIP Fogar de Carballo, con 40 positivos en covid-19

As escolas, gardarías e institutos de Galicia rexistran 1.252 contaxios e polo menos 50 aulas pechadas.

Por Europa Press / Redacción | Carballo | 17/11/2020 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Os casos de COVID-19 nos centros galegos manteñen a tendencia cara á estabilización experimentada na última semana, cun total de 1.252 contaxios que se sitúan en termos similares ás últimas xornadas. A pesar diso, a situación nunha das escolas do concello coruñés de Carballo rexistra xa os niveis máis elevados de incidencia desde o arranque do curso.

Escolares debuxando nunha aula
Escolares debuxando nunha aula | Fonte: Europa Press

Trátase do CEIP Fogar, o principal foco da pandemia no sistema educativo e o caso que acumula ata agora o maior número de positivos, cun total de 40 contaxios, 12 máis que este sábado. É por iso que as autoridades sanitarias decidiron incrementar as restricións nas súas instalacións, que pasan xa de tres a polo menos nove aulas pechadas polos casos rexistrados no centro.

Con todo e a pesar de chegar xa á corentena de positivos, o Sergas non ordenou de momento a clausura das instalacións. O incremento de contaxios confirmados prodúcese, ademais, tras un importante cribado realizado entre alumnos e traballadores do CEIP, o que explica este aumento de casos detectados en tan pouco período de tempo.

O concello conta, con cifras actualizadas deste martes, cun total de 186 casos activos por COVID-19, polo que case un cuarto correspóndense cos positivos entre o alumnado e traballadores do CEIP Fogar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta