Anova acusa a Feijóo de "patrocinar o saqueo" de Galicia a mans dos eólicos

Súmanse ás demandas por unha nova regulación máis "democrática e sostible".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A formación política Anova vén de sumarse as demandas cidadás para poñer freo á política de implantación de parques eólicos supostamente sancionada e "promocionada" pola Xunta de Núñez Feijóo. Apenas uns días despois de que multitude de asociacións e plataformas botaran a andar un manifesto para "reformar" o modelo de explotación eólica, a plataforma vén de reclamar ao executivo autonómico a " inmediata paralización da carreira de implantación masiva de aeroxeradores".

Eólicos de Paradela. CEDIDA - Arquivo
Eólicos de Paradela. CEDIDA - Arquivo

O obxectivo de Anova, paralelo ao das demandas veciñais, non é outro que construír un novo marco legal que substitúa ao actualmente imperante, anquilosado nos anos 90 segundo denuncias as platataformas recollidas por GC. Así, a finalidade é rematar cun modelo de "saqueo do territorio" para poñer rumbo a un desenvolvemento "democrático, racional, sostible e con retorno social".

Dende Anova xustifican este movemento aludindo a que, aínda que Feijóo dispón da lei na man, as actuacións das empresas eólicas chegaron non poucas veces aos tribunais nos últimos anos. Neste aspecto, os representantes de Anova considera de "grande transcendencia" a "confirmación pola vía xudicial" que segundo din vén de facer o TSXG das denuncias que os colectivos en defensa do territorio.

"FRAGMENTACIÓN ARTIFICIAL"

A cuestión legal, explican nun comunicado, ten que ver coa "fragmentación artificial dos proxectos eólicos", unha práctica "xeralizada e permitida pola Xunta" que "impide, como di o auto, levar a cabo unha correcta avaliación ambiental" dos proxectos. A idea é que, ao analizar os proxectos por partes, non se teñen en conta os "efectos sinérxicos e acumulativos do conxunto"

A sentenza do TSXG, destacan os de Anova, "xa viña precedida doutras ditadas polo Tribunal Supremo e que anulaban autorizacións por este mesmo motivo". Por este motivo, a formación política esixe á Xunta de Galicia a paralización da "nefasta carreira de implantación masiva de proxectos eólicos" mentres "non se conte cun novo marco normativo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 CSg8

Teñen a eólica mariña, para poñer muiños en alta mar, e que deixen en paz os montes.

2 Patricia

E ainda existe ANOVA?

1 Lalailo

Non falla, cando un dedo apunta ao ceo, o ton to (ou ton ta), mirará ao dedo.

1 EstabaDeParranda

Pero ainda vivem?

1 Lal

Os parques eoólicos? home claro que viven. O dito, cando un dedo apunta ao ceo o ton- to mirará ao dedo.