Feijóo imita a Ayuso e prioriza os tests de antíxenos malia as dúbidas sobre a súa fiabilidade

A Xunta vén de anunciar a compra de 2'7 millóns destes tests, máis baratos e rápidos que as PCR. Con todo, institucións como a FDA alertan da posibilidade de falsos negativos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 12:02

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este mércores a compra de 2,7 millóns de test de antígenos mais --que se sumarán aos 300.000 xa adquiridos e totalizan os 3 millóns-- e defendeu, fronte ás críticas do BNG, a reforma da lei galega de saúde que, a través do Grupo Popular, impulsa na Cámara autonómica.

Nun debate no que Pontón censurou que esta proposta lexislativa non incorpora "medidas" máis aló de "sancións" e acusou a Feijóo de tratar aos galegos como "sospeitosos" no canto de recoñecer o seu "esforzo" na pandemia, o presidente galego defendeu o proxecto e reivindicou as decisións tomadas polo seu Goberno fronte á covid-19.

Así, aproveitou para anunciar que ao 300.000 test de antígenos comprados e que se usaron en Primaria e Urxencias, sumaranse outros 2,7 millóns deste tipo de test que se empezarán a utilizar nas residencias de maiores. Precisamente, Pontón instáralle previamente a "blindar" este tipo de centros, que sofren o impacto máis forte da pandemia, cunha "intervención pública" e a tomar máis medidas, como articular un plan de continxencia para a vacinación da covid, co fin de evitar que se repita "o fracaso" da vacinación da gripe en Galicia.

Todo iso, remarcou a nacionalista, no canto de centrar os seus esforzos nunha norma que só aposta "polas multas" e que o PP impulsa desde o Parlamento, dixo, para sortear os impedimentos "xurídicos" que, baixo o seu punto de vista, toparíanse se a tramitación partise do Goberno autonómico. Como exemplo, subliñou que espera que os populares "rectifiquen" cuestións como a posibilidade de que "vacinarse sexa obrigatorio".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, een Consello. ANA VARELA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, een Consello. ANA VARELA

TRABALLAR CONTRA VENTO E MAREA"

Feijóo replicou ás críticas sobre o "fracaso" da campaña da gripe lembrando que, a pesar de que se compraron 200.000 doses máis, no que vai de campaña vacináronse un 38 por cento máis de galegos que no exercicio anterior. E tamén lamentou a postura do BNG sobre a reforma da lei de saúde.

"Parécelle mal que sancionemos a quen incumpren a corentena e provocan contaxios?", preguntou, para engadir que Galicia é a "primeira" Comunidade que lexisla para combater unha pandemia. Ao tempo, subliñou que o Bloque debe ser "o primeiro grupo nacionalista" que rexeita esta vía e prefire rexerse polo estado de alarma que decrete o Goberno central.

RESULTADO "FRANCAMENTE BO" DESTAS PROBAS

Doutra banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, preguntado polo anuncio de compra dos test de antíxenos lembrou o "resultado francamente bo" que se está obtendo destas probas. "Non é unha ferramenta nova, pero imos ir avanzando no seu uso e imos completalo con situacións concretas", apuntou Comesaña, quen explicou que se presentará en "breve" un programa de uso coa Consellería de Política Social e outros cribados que se determinarán co comité clínico.

O titular de Sanidade destacou que o Sergas os empregará coa "normalidade" que leva facendo ata agora, sabendo que como característica principal é que se trata dun "test rápido" á hora de arroxar resultados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Fran Porto

dubidas?.mais do 90% nos 5 primeiros dias si tes sintomas. Para o resto dos casos unha fabrica de falsos negativos (que veñen ben para rebaixar os datos de positivos)