Ecoloxistas galegos carga contra a “suposta transición verde” do Goberno: "empúrrannos ao cataclismo"

Consideran que o MITECO está a impulsar a minaría extractiva sen dar visibilidade aos prexuízos ambientais derivados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Novo choque entre os movementos ecoloxistas de Galicia e a política ambiental do Goberno Central. A plataforma Contraminacción vén de lanzar un comunicado crítico cos últimos movementos do executivo de Sánchez no tocante á explotación mineira, consumados nunha “consulta cidadá” que a asociación ve “formulada” para “provocar” unha reacción en favor deste modelo mineiro.

Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica
Teresa Ribera, ministra de Transición Ecolóxica | Fonte: Wikipedia

Contraminacción carga así contra a que previsiblemente rematará sendo a folla de ruta para a “xestión sostible de materias primas mineiras” por parte do MITECO. O pasado 26 de outubro, o Ministerio presidido por Teresa Ribeira lanzou un cuestionario aberto para que a cidadanía verquera nel as súas principais inclinacións no tocante á xestión destes mineiras. 

Segundo Contraminacción, o obxectivo do cuestionario non sería tanto coñecer a opinión da cidadanía como “recibir respostas no mesmo sentido” co que foron formuladas as preguntas. Neste aspecto, a plataforma alerta contra a necesidade de “non repetir os mesmos erros do pasado” cun modelo enerxético estractivista. Fronte a este, Contraminacción e outras 23 asociacións de todo o Estado veñen de propoñer un plan alertativo á folla de ruta do Miteco.

“SUPOSTA ‘TRANSICIÓN VERDE’”

Neste documento, dispoñible en aberto na rede, as asociacións asinantes critican que a folla de ruta do MITECO dea unha imaxe de que os recursos minerais “poidan ser extraídos, procesados e transformados de forma sostible”. O manifesto destaca, a este respecto, o perxuízo ambiental dos procesos de extracción, que ao seu ver non aparece reflectivo na proposta do Ministerio.

En liñas paralelas, as asociacións asinantes cargan contra o Goberno porque non ven “que a crise da covid fixera visible a necesidade de ‘garantir a resiliencia a través dun subministro seguro e sostible’” das materias primas vencelladas á minaría. Do mesmo xeito, cargan contra a noción da “suposta ‘Transición verde’” e piden unha reunión coa Minsitra, Teresa Ribera. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Cristina Amor Faya

Non podemos seguir deixando que tomen a Gsliza , como territorio de plans destructivos . Xa abonda de que o imperialismo arrase a nosa fermosa e productiva nación , como se ven facendo dende vai moitisimo tempo. Por unha Galiza Sostible, Viva e Dona do seu.