Feijóo, sobre a redución de prazos para tramitar proxectos empresariais: "Non podemos pór trabas aos emprendedores"

A futura lei galega de reactivación económica apostará "ao máximo" pola simplificación administrativa a todos os niveis, tamén no municipal.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 26/11/2020 | Actualizada ás 15:19

Comparte esta noticia

A futura lei galega de reactivación económica apostará "ao máximo" pola simplificación administrativa a todos os niveis, de forma que contempla acurtar os prazos na Administración galega para a tramitación de proxectos empresariais. Para iso, adoptará varias medidas como efectuar de forma simultánea os informes sectoriais --ambientais e de patrimonio, entre outros--.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press.

Así mesmo, márcase o obxectivo de que os concellos axilicen a concesión de licenzas. "Pretendemos que dean liciencias nun prazo de entre 15 e 30 días se se pide a través de empresas certificadoras que habiliten os propios municipios", esgrimiu Feijóo, quen avanzou, tras a reunión semanal do seu Executivo, que esta norma se remitirá de inmediato ao consello de expertos económicos que asesora á Xunta e aos axentes do diálogo social.

O obxectivo da Xunta é que entre no Parlamento canto antes para que estea aprobada a finais de febreiro e as súas pautas se poidan aplicar cando "empecen a chegar os fondos europeos" vinculados coa pandemia.

"Non podemos pór trabas aos emprendedores e menos neste momento", argumentou Feijóo.

Ao tempo, sinalou que este texto, "absolutamente innovador", tamén contemplará instrumentos específicos de financiamento e a exención ou bonificación parcial de tributos como o Imposto de Transmisións Patrimoniais e de Actos Xurídicos Documentados -segundo a localización sexa nunha contorna rural ou nas cidades-- pola compra de inmobles para acometer investimentos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta