A Xunta anuncia novos confinamentos en Meis, Meaño, Cee, Dumbría e Muxía

Rebaixará a situación noutros seis concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/11/2020 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

O subcomité clínico acordou este venres a relaxación de medidas, é dicir, pasan de nivel máximo de restricións ás xerais do nivel dous, en seis concellos: Vedra, O Pino, Mugardos, Viveiro, Toén e San Cibrao.

Polo seu lado, decidiu pedir "un esforzo adicional" para outro seis concellos, aos cales se lles aplicará o peche perimetral conxunto. Concretamente, divídense en dúas comarcas: Ribadumia, Meis e Meaño, no Salnés; e Cee, Dumbría e Muxía, na Costa da Morte.

Reunión subcomité clínico venres 27
Reunión subcomité clínico venres 27 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta