Os 'populares' din que a idea que se estuda no Parlamento europeo "carece de base", mentres PSOE e BNG piden que se investigue. Traballadores da mina defenden o proxecto e que se cumpre coa normativa europea ambiental.
  comenta   2
A responsable de Augas de Galicia deu conta da apertura de tres expedientes sancionadores á mineira relacionados con desbordes nesta balsa.
  comenta   0
A eurodeputada Ana Miranda, explicou que o proxecto mineiro tería unha extensión de 112 quilómetros cadrados e afectaría ao Camiño de Santiago.
  comenta   0
A plataforma veciñal 'Mina Touro O Pino NON' centra o foco na ameaza que suporía no consumo de auga, "pola presión que a mina tería sobre os caudais dos ríos que abastecen a poboación".
  comenta   0
Atalaya Mining, a empresa detrás de Cobre San Rafael S.L., e que pretende reabrir a mina de O Pino-Touro, está pasando por un momento delicado no mercado de valores. A mesma compañía comunicou que a situación non é preocupante e que en Galicia a espera para os permisos de explotación, competencia do Goberno galego, estarían atrasando a apertura da mina de cobre.
  comenta   0
As catro provincias galegas víronse afectadas este sábado pola caída de árbores nas estradas e unha treboada de sarabia que afectou ao Túnel de Pedrafita (Lugo), o que causou incidentes sen ter que lamentar ningún dano persoal.
  comenta   0
A Asociación Cultural Tralapena denuncia que a mineira Cobre San Rafael xunto con Explotaciones Gallegas S.L., non aclaran a titularidade sobre os terreos da antiga mina de cobre.
  comenta   0
A asociación para o estudo e conservación do medio natural, Drosera, desenvolveu un programa sobre morcegos, detectaron nas galerías da mina a presenza continua de morcegos de ferradura grande, especie catalogada como vulnerable.
  comenta   0
ContraMINAcción pide que se respeten as opinións do profesor Steven Emerman sobre a seguridade das balsas situadas na mina de O Pino-Touro. O colectivo reclama a avaliación dun informe que consideran un plaxio sobre a mina de San Finx.
  comenta   0
A guía analiza os riscos ambientais do peche da antiga explotación, así como os diferentes traballos realizados, especialmente coa aplicación de tecnosoles, e os resultados obtidos.
  comenta   0
Ironiza con que o "único" que lle preocupa a Cobre San Rafael é que é "norteamericano" e advirte de que a localidade podería "quedar destruída en segundos" pola falla de seguridade.
  comenta   3
Colectivos profesionais da minaría ven "curioso" que as asociacións ecoloxistas que se apoian en Emerman "se amparan na súa condición de norteamericano, coma se a súa nacionalidade achegase maior valor aos seus coñecementos".
  comenta   2
Steven Emerman aclarou que non ten "nada en contra da minaría ou dos proxectos mineiros a gran escala" pero que, como especialista en seguridade de presas, preocúpanlle "os fallos" nas balsas de lodos e as consecuencias que poden ter.
  comenta   0
O chamado prodúcese semanas despois do informe remitido polo Defensor á asociación Tralapena a principios de xuño no que o Alto Comisionado conclúe que a Xunta "actuou deficientemente" en relación cos terreos da antiga mina de Touro e O Pino.
  comenta   0
O documento emitido pola oficina que dirixe Francisco Fernández Marugán, sinala que a administración actuou de maneira deficiente sobre o proxecto mineiro.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente reivindicou a defensa da legalidade por parte do Goberno galego e a "tramitación conforme á normativa". Neste sentido e ante as críticas do parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, subliñou que "ilegalidade ningunha".
  comenta   0
A asociación Aldea Viva lembra que hai un ano inspectores da Consellería de Medio Ambiente xa constataran filtracións de auga contaminada desde unha das balsas que hai na antiga mina de Touro.
  comenta   0
O presidente do Partido Popular aceptou o convite do presidente da Xunta para participar nunha romaría no Pino na que se apelou a situar o partido no centro, tralo pacto con Vox en Andalucía e o achegamento aos postulados da ultradereita.
  comenta   2
O candidato do PSOE á alcaldía do Pino, Óscar Vilar, recibiu unha chamada de Abel Losada, membro da executiva nacional do PSdeG, afirmándolle que o partido está en contra da apertura mineira na zona.
  comenta   0
En Marea di que "tamén destruiría emprego" no mundo rural. Rexeitada unha iniciativa do BNG, que advirte do "efecto letal" que tería a reapertura ante un PP que apela a "esperar aos informes".
  comenta   0
O presidente do PP, Pablo Casado, ten previsto asistir este sábado á romaría que organiza o partido no municipio do Pino (A Coruña), e á que tamén acudirá o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
  comenta   0
O PSOE arrebata o primeiro posto ao PP en 99 concellos e os populares perden a absoluta en 108 municipios. Cs sitúase como terceira en 17 concellos de Lugo.
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, desprazouse o pasado venres a Touro cunha visita que a Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, cualifican de "sixilosa" e "fugaz".
  comenta   0
A plataforma Mina Touro-O Pino Non esixe a dimisión "inmediata" do director xeral, e advirten de que "non pode ser o responsable de decidir sobre o futuro" do proxecto que lles afecta como veciños.
  comenta   1
Segundo un comunicado de Ecologistas en Acción, o motivo para anular a autorización ambiental reside en que se vulneraron as obrigacións de información e os dereitos de participación cidadá.
  comenta   0
A Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON, denuncia a estratexia de dilatación do proceso de estudo por parte da Xunta sobre o impacto ambiental da mina de cobre.
  comenta   0
Un escrito remitido a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia baséase nas analíticas realizadas p Adega como en datos remitidos por Augas de Galicia, que constatarían unha "contaminación persistente".
  comenta   0
Un estudo realizado na contorna do complexo macromineiro de Dongchuan revela altas concentracións de metais pesados en augas e cultivos, e alerta de riscos de cancro na poboación; unha evidencia científica que reforza a postura dos colectivos que se opoñen a minas como a que se pretende reactivar en Galicia.
  comenta   0
Colectivos sociais reunidos en Compostela en febreiro demandan cambios nas políticas de minería e avisan dos riscos dos proxectos mineiros programados en diversos lugares do Estado.
  comenta   0
Os veciños alegan que a empresa non quere asumir o tratamento axeitado para os pasivos medioambientais. Tamén denuncian a deficiente xestión dos residuos durante décadas.
  comenta   0
A Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non ve nesta actitude da Cámara Oficial Mineira de Galicia “unha nova tentativa de lavado de imaxe e de neutralización da cada vez más crecente oposición social ós proxectos mineiros destrutivos”.
  comenta   0
A asociación Aldea Viva alerta do perigo de rotura nas balsas en base ao proxecto presentado por Cobre San Rafael. A Axencia Territorial de Minas pide actuacións inmediatas sobre verteduras de augas tóxicas en cursos de auga.
  comenta   0
A “Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non” organizou un percorrido polo “Camiño do Vinte”, unha das áreas que desaparecería coa apertura da mina de cobre proxectada na zona.
  comenta   0
Segundo a empresa mineira, os estudos técnicos expostos garante a subministración de auga "con prioridade ao con respecto a actividade industrial".
  comenta   0
Adega denuncia que esta empresa fai "propostas delirantes que abeiran o máis absoluto cinismo", coa creación do primeiro parque de estudo de organismos estremófilos, para "estudar a vida extraterrestre"
  comenta   0
Novas imaxes mostran como o río Brandelos segue sendo contaminado pola balsa de Bama. As asociacións contra a mina de Touro - O Pino e algúns seareiros non comprenden que a Sociedade Deportiva Compostela vaia ser patrocinada pola mineira Cobre San Rafael.
  comenta   2
A Plaforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non presentou este venres un escrito no rexistro da Xunta onde reclama que se manteñan as pancartas contrarias á apertura da mina.
  comenta   0
Para a Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, o rexedor Manuel Taboada “demostra non ter lido o informe técnico de ICOMOS e táchao de pataleta do organismo asesor da UNESCO”.
  comenta   0
Cobre San Rafael, promotora do proxecto mineiro, presentou recentemente documentación para actualizar os requerimentos de apertura da explotación.
  comenta   0
A Plataforma Mina Touro - O Pino Non deu a coñecer en varias ocasións estas circunstancias ao longo do último ano. Ademais, tamén se lle impuxeran dúas multas á empresa concesionaria Explotaciones Gallegas SL. Con todo, esta poza segue vertendo cara un afluente do río Ulla.
  comenta   0