Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2024 | Actualizada ás 19:28
O Sindicato Labrego Galego denunciou "reiterados episodios de acoso e intimidación" por persoas da contorna da empresa Cobre San Rafael, impulsora do proxecto da mina de Touro, aos veciños de Touro-O Pino durante as últimas semanas. Pola súa banda, a compañía negou "rotundamente" estas prácticas e asegurou que estas acusacións "se están facendo desde o descoñecemento ou a mala intención".
"Envalentonados pola declaración da mina como Proxecto Industrial Estratéxico (PE), individuos vinculados á empresa están a levar a cabo visitas intimidatorias nos domicilios das persoas propietarias dos terreos", esgrimiu o sindicato nun comunicado. Así mesmo, fixo fincapé en que os "enviados da empresa" recorren á "coacción" nestes "encontros forzados" para que os veciños vendan os seus terreos e "ameázanos" coa expropiación.
Nesta liña, o sindicato incidiu en que esta situación esta creando angustia, á vez que incrementa a tensión "xa existente" na comarca con esta mina "claramente rexeita pola cidadanía". Con todo, Cobre San Rafael sinalou que durante os últimos sete anos estivo colaborando cos veciños de Touro-O Pino para "brindar novas oportunidades de crecemento á comunidade". En concreto, "máis dun cento de reunións informativas cos veciños e estes, libremente, deciden se aceptan ou non estas reunións".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.