O Sindicato Labrego Galego denunciou "reiterados episodios de acoso e intimidación" por persoas da contorna da empresa Cobre San Rafael, impulsora do proxecto da mina de Touro, aos veciños de Touro-O Pino durante as últimas semanas.
  comenta   0
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de pór "os intereses de dúas multinacionais por enriba do interese da xente do mar".
  comenta   1
O GC percorre os terreos colindantes coa mina coa Plataforma veciñal Mina de Touro-O Pino Non para coñecer de primeira man o impacto mediambiental que a súa explotación, agora mesmo só de áridos, esta tendo sobre o medio ambiente, despois de que a Xunta declarase a reapertura da mina como proxecto estratéxico.
  comenta   0
O GC percorre os terreos colindantes coa mina coa Plataforma Mina de Touro-O Pino Non para coñecer de primeira man o impacto mediambiental que a súa explotación, agora mesmo só de áridos, esta tendo sobre o medio ambiente, despois de que a Xunta declarase a reapertura da mina como proxecto estratéxico.
  comenta   0
Esta declaración facilitará toda a tramitación ambiental para iniciar o novo proxecto mineiro do cobre. Pontón asegura que esta actuación evidencia que o PP "traballa para multinacionais" que queren "depredar o territorio".
  comenta   0
Cobre San Rafael sinala que o proxecto "non é público aínda" e "se o Goberno galego valora tramitar esta iniciativa como estratéxica, é porque cumpre os requisitos". Rueda di que os proxectos sairán adiante sempre e cando teñan o visto e prace dos técnicos.
  comenta   0
O Concello saíu ao paso aclarando que non ten relación con Cobre San Rafael e non comparte a súa distinción na Festa deste domingo, e mantivo o seu rexeitamento á reapertura da mina de cobre.
  comenta   1
Asegura que puxo en marcha un Plan de Restauración Integral das Augas da Antiga Mina de Touro cun financiamento de dous millóns de euros para evitar que a auga entre en contacto cos minerais acumulados.
  comenta   0
O 30 de xullo de 2018 a Consellería de Economía, Emprego e Industria, tras unha inspección da concesión de explotación da mina por parte de Cobre San Rafael, remitiulle un requirimento para o tratamento e control de augas que debía cumprir nun prazo máximo dun mes. Xa van alá cinco anos e aínda non hai visos de que se faga.
  comenta   0
Están prsentados como condemandados polo proxecto que denegou a Xunta e que a empresa Cobre San Rafael pretende anular por vía xudicial.
  comenta   0
A Plataforma Mina O Pino-Touro Non segue acusando á empresa Cobre San Rafael de poñer atrancos para coñecer o proxecto de reapertura da explotación a ceo aberto.
  comenta   0
O obxectivo é incrementar o control ambiental do río Ulla e dos bancos marisqueiros de Carril, a través de campañas de mostraxe e monitorización da calidade das augas.
  comenta   0
Os veciños implicados demandan a limpeza da zona despois de que a administración negara á empresa os permisos para seguir explotando a zona.
  comenta   0
O obxectivo é abordar "os pasivos ambientais herdados da antiga mina", que cesou a súa actividade hai 35 anos conforme "ao estándar ecolóxico da época, moi diferente".
  comenta   1
Marea Veciñal de Touro critica que o concello limita o uso de auga doméstica mentras lle da vía libre a Explotaciones Gallegas para o seu uso ilimitado.
  comenta   0
No "Simposio Mujer y Minería" participan responsábeis polas polémicas minas de Touro, San Finx, Varilongo ou Penouta, todas elas sancionadas por infraccións ambientais.
  comenta   0
Desestima o recurso de reposición que impulsou a empresa tras ser denegado o seu plan para a mina. Cobre San Rafael minimízao e di que está a construír un novo proxecto en consulta cos grupos de interese.
  comenta   0
Cobre San Rafael emitiu un comunicado no que cualifican de "inxurias" as acusacións vertidas: "O resto do orzamento prometido corresponde a actuacións que non requiren de licenza municipal", explica.
  comenta   0
"Para a veciñanza resulta completamente inaceptable o uso dun medio público para promocionar o interese privado dunha empresa", denuncia a plataforma 'Cornado Mina Non'.
  comenta   0
A pesar disto, os verquidos de augas contaminadas continuaron e a empresa “mudou o seu discurso cara a visión de que a reapertura da mina era a única solución para rexenerar as augas e o solo”.
  comenta   0
O informe desenvolvido polo Instituto de Investigacións Mariñas "descarta e minimiza" a contaminación relacionada coa actividade da mina de Touro.
  comenta   0
A creación desta entidade ten como finalidade "facilitar o asesoramento" ante un hipotético desenvolvemento dun novo plan extractivo por parte de de Cobre San Rafael e Atalaya Mining/Explotaciones Gallegas.
  comenta   0
A empresa presenta recurso ante a Xunta e a Valedora do Pobo para impedir o acceso de Ecoloxistas en Acción ao expediente do proxecto e acusa a entidade ecoloxista de manipular e terxiversar informacións relativas á minería.
  comenta   0
Unha plataforma patronal lamenta a postura do "non ao todo" das asociacións ecoloxistas que veñen demandando que se cumpra a lei.
  comenta   0
Xaquín Rubido é o presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa (PDRA). Nesta conversa debulla parte das accións que tanto administracións públicas e privadas realizaron nesta ría durante anos. Desde a PDRA denuncian a falta de atención da Xunta ao medio, así como de connivencia coas multinacionais.
  comenta   4
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acusa ao goberno galego de non exercer as súas competencias sobre a antiga mina de Touro, lugar desde onde chegan verteduras contaminantes á ría.
  comenta   0
Está previsto remitir nos próximos días un segundo requirimento á empresa para solicitar a actualización deste plan de restauración.
  comenta   0
Ecoloxistas denuncian que Atalaya Mining segue insistindo en reactivar a mina ignorando unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.
  comenta   3
A antiga mina de Touro non se vai reabrir para a actividade extractiva despois que a Xunta non dese o visto bo ao proxecto. Mais o lugar queda como vertedoiro de lixo procedente de todas partes de Galicia. En días de verán o fedor é insoportable para moitos veciños. GC consigue imaxes e vídeo de verteduras e o estado da zona afectada.
  comenta   1
Considera que "non conseguiu transmitir a todos os departamentos a solidez da súa argumentación técnica".
  comenta   0