O río Ulla ten un percorrido que non está exento da presión humana nas súas beiras. Accións como represas, minaría, verteduras incontroladas ou a falta de elementos suficientes para manter as súas augas limpas, converten a segunda bacía galega nunha corrente que está perdendo a súa vitalidade paseniñamente.
  comenta   0
Están prsentados como condemandados polo proxecto que denegou a Xunta e que a empresa Cobre San Rafael pretende anular por vía xudicial.
  comenta   0
O obxectivo é abordar "os pasivos ambientais herdados da antiga mina", que cesou a súa actividade hai 35 anos conforme "ao estándar ecolóxico da época, moi diferente".
  comenta   1
No "Simposio Mujer y Minería" participan responsábeis polas polémicas minas de Touro, San Finx, Varilongo ou Penouta, todas elas sancionadas por infraccións ambientais.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción acusa a empresa de "verteduras e arrastres" desde a explotación mineira ata a Zona de Especial Conservación do Río Xuvia, espazo natural integrado na Rede Natura 2000. Ademais, pide á Xunta que "deixe de ser cómplice".
  comenta   0
Cobre San Rafael emitiu un comunicado no que cualifican de "inxurias" as acusacións vertidas: "O resto do orzamento prometido corresponde a actuacións que non requiren de licenza municipal", explica.
  comenta   0
"Para a veciñanza resulta completamente inaceptable o uso dun medio público para promocionar o interese privado dunha empresa", denuncia a plataforma 'Cornado Mina Non'.
  comenta   0
Ata 25 asociacións piden a retirada do proxecto do Monte Neme polo "impacto inasumible" que terá na paisaxe e en elementos patrimoniais e medioambientais.
  comenta   0
A pesar disto, os verquidos de augas contaminadas continuaron e a empresa “mudou o seu discurso cara a visión de que a reapertura da mina era a única solución para rexenerar as augas e o solo”.
  comenta   0
O informe desenvolvido polo Instituto de Investigacións Mariñas "descarta e minimiza" a contaminación relacionada coa actividade da mina de Touro.
  comenta   0
A creación desta entidade ten como finalidade "facilitar o asesoramento" ante un hipotético desenvolvemento dun novo plan extractivo por parte de de Cobre San Rafael e Atalaya Mining/Explotaciones Gallegas.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia os feitos ante Augas de Galicia e insta á administración competente a adoptar "sin más demoras" as medidas necesarias.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia "erros e falsidades" asociados á contaminación mineira e "deficiencias" na valoración do estado dos ríos e regatos contaminados.
  comenta   0
A Marea Veciñal de Touro demanda ao Goberno local que faga cumprir legalidade e a normativa urbanística á mercantil que convertiu ao Concello no "maior váter de Galicia".
  comenta   0
Unha plataforma patronal lamenta a postura do "non ao todo" das asociacións ecoloxistas que veñen demandando que se cumpra a lei.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción vén de levar á Comisión de Transparencia estes encontros que, aseguran, poderían ser constitutivos de delito.
  comenta   1
A plataforma Mina Touro-O Pino non cifra en máis de 200.000€ as axudas da Xunta á minería. A estas poderían sumarse outras que, sosteñen, o goberno galego estaría a "ocultar". Outra asociación avanza que denunciará os feitos.
  comenta   0
A asociación ecoloxista "Salvemos Cabana" faise eco dun estudo e sinala que en caso de posible accidente a gran escala, produciríase "un desastre ambiental sen precedentes en Galicia".
  comenta   0
Con motivo do Día Mundial contra a Minaría a ceo aberto, plataformas de todo o país déronse cita en Touro para denunciar o "extractivismo sen límites" ao que se somete o territorio galego.
  comenta   0
Xaquín Rubido é o presidente da Plataforma para a Defensa da Ría de Arousa (PDRA). Nesta conversa debulla parte das accións que tanto administracións públicas e privadas realizaron nesta ría durante anos. Desde a PDRA denuncian a falta de atención da Xunta ao medio, así como de connivencia coas multinacionais.
  comenta   4
Segundo a veciñanza, “é habitual, e case diario, cheirar a amoníaco e metano na zona”. Ecoloxistas en Acción denuncia as "irregularidades" na xestión dos residuos por parte da empresa encargada.
  comenta   0
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa acusa ao goberno galego de non exercer as súas competencias sobre a antiga mina de Touro, lugar desde onde chegan verteduras contaminantes á ría.
  comenta   0
ADEGA e a Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa advirten de que este proxecto só supón "mover a contaminación de sitio" e piden un proxecto definitivo para o tratamento dos efluentes mineiros.
  comenta   0
Ecoloxistas denuncian que Atalaya Mining segue insistindo en reactivar a mina ignorando unha Declaración de Impacto Ambiental negativa.
  comenta   3
O Consello de Estado declara que hai suficiente evidencia científica para demostrar o perigo canceríxeno do po de sílice. As mineiras alegaban que recoñecer esta enfermidade “supoñía imporlle ás empresas cargas inxustificadas”.
  comenta   2
Aprazada a foliada convocada pola Plataforma Mina O Pino-Touro Non para o día 14 de marzo ante as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias e evitar así posibles contaxios.
  comenta   0
Antón Sánchez valora como unha "boa noticia" o rexeitamento ao proxecto mineiro, pero sostén que se produce porque a Xunta se viu "forzada a tomar esta decisión ante a presión popular".
  comenta   0
"Hai que facer compatible unha Galicia sustentable e o desenvolvemento económico, e aquí primou a parte ambiental", indica.
  comenta   0
Común da Esquerda, apoiados polo BNG, consideran o proxecto "ilegal" e "cun risco elevado para o medio ambiente". "Sería pedir á Xunta que prevarique" segundo os populares.
  comenta   0
Os concellos afectados polo proxecto mineiro de Atalaya Mining, O Pino e Touro, ademais do de Boqueixón, manteñen unha postura que a veciñanza considera favorable aos intereses da mineira.
  comenta   0
Di que o Consello Asesor da Paisaxe pode tratar asuntos como a Mina de Touro ou o vertedoiro de Casa Longa se se sacan a colación, pero os informes non son vinculantes
  comenta   0