Temas: MúSICA FESTIVAL

Josele Santiago e The Limboos abren o calendario de concertos do Outono Códax Festival

Todo apunta a que será un dos pratos fortes desta edición. A actuación terá lugar no Auditorio de Galicia en Santiago este sábado 28 de novembro pero poderá seguirse en liña a partir do luns 30 e durante dez días.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 27/11/2020 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

O Outono Códax Festival, encontro galego de ‘música negra’ de referencia internacional, aguanta o tirón mantendo o seu compromiso pola cultura e celebrarase nunha edición especial marcada polas restricións sanitarias. Como novidade, e para chegar ao máximo de público posible, contará cunha edición online dos concertos. Estarán dispoñibles 48 horas despois da súa celebración en directo e durante dez días previa inscrición na páxina web de Bodegas Martín Códax.

Josele e David Krahe. Foto: Óscar Carriquí (c)
Josele e David Krahe. Foto: Óscar Carriquí (c)

Este sábado 28 de novembro empeza xa con forza cun dos pratos fortes do cartel deste ano. Nada máis a nada menos que Josele Santiago e The Limboos xuntos no escenario do Auditorio de Galicia interpretando unha boa selección de temas propios e temas dos anos 50 e dos 60.

Josele Santiago chega a Compostela acompañado polo guitarrista David Krahe, en plena xira do seu disco “Bestieza” co grupo Los Enemigos; mentres que a formación The Limboos, herdeira da mellor tradición dos anos 50, fará gozar aos amantes do R&B. Os organizadores do encontro non queren desvelar detalles do contido da actuación, pero o que poda pasar nesta simbiose no escenario quedará, seguro, para lembranza do Outono Códax Festival.

Temas: MúSICA FESTIVAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta