Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2025 | Actualizada ás 20:14
O Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega (CCG) ampliou a entrada de Begoña Caamaño Rascado (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014).
Segundo informou o CCG nun comunicado, a autora da entrada, que está dispoñible para consulta na web de Consello, é Amanda Álvarez González.
Begoña Caamaño Rascado foi unha locutora de radio, sindicalista e activista comprometida co feminismo e a lingua galega. Así, publicou dúas novelas na Editorial Galaxia e foi escollida en xuño de 2025 como a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2026.
O Álbum de Galicia é a colección de biografías de figuras destacadas da historia e cultura galegas que reúne o CCG na súa web, ata o momento o proxecto xa publicou 780 biografías.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.