Vai a xuízo o dono dun club de alterne de Bergondo por non ter aseguradas a 23 traballadoras

A Fiscalía reclama dous anos e medio de prisión para o acusado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2020 | Actualizada ás 17:02

Comparte esta noticia

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acollerá o luns, día 30, e ao día seguinte martes, o xuízo contra o propietario dun club de alterne de Bergondo, acusado de ter a 23 traballadoras sen estar dadas de alta na Seguridade Social, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Fiscalía reclama dous anos e medio de prisión para o acusado, socio e administrador único da entidade mercantil que rexenta o local neste municipio coruñés, por un delito contra os dereitos dos traballadores.

"O acusado contrataba a mulleres que nun horario determinado, aproximadamente de 18,00 a 3,00 horas tiñan como función conseguir que os clientes que acudían ao establecemento consumisen bebidas, de tal forma que unha parte do importe da bebida (20 euros) era para as mulleres e o resto (10 euros) para o acusado", sinala o seu escrito de cualificación.

O 31 de marzo de 2017 a través dunha inspección da Brigada de Estranxeiría e da Inspección de Traballo, "púidose comprobar como había 23 mulleres traballando no citado local, desempeñando as funcións mencionadas baixo as ordes e instrucións do acusado" e das que, engade o Ministerio Público, "ningunha estaban dadas de alta na Seguridade Social por parte do acusado, a pesar de atoparse traballando para o mesmo". Outros dez traballadores si o estaban.

Sentenza
Sentenza | Fonte: AGC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta