Activan a procura dun veciño de 93 anos desaparecido en Bande

Falta do seu domicilio desde este domingo.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/11/2020 | Actualizada ás 12:29

Comparte esta noticia

A Garda Civil activou un dispositivo para atopar a José García Prieto, un veciño de 93 anos Bande que falta desde o seu domicilio desde este domingo.

En concreto, o ancián está desaparecido desde as 17,30 da tarde do domingo. Segundo informan a Europa Press fontes do 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu dúas horas despois, sobre as 19,30, a chamada dun home para indicar que o marido da súa veciña estaba en paradoiro descoñecido.

Tras isto, o 112 puxo o suceso en coñecemento da Garda Civil, do GES de Muíños, de Protección Civil de Bande e da Mancomunidade de Celanova, que na mañá deste luns efectuou un despregamento do seu equipo de drons.

José García Prieto, residente no lugar de Quintela, presenta unha deterioración cognitiva con desorientación, segundo os datos facilitados pola Garda Civil.

Esta desaparición prodúcese escasos días despois que a de María del Carmen Rodríguez Almansa, unha muller de 88 anos veciña de Amoeiro que foi vista por última vez na noite do mércores e para a cal tamén hai un dispositivo de procura.

Fotografía do 2005 de José García Prieto, veciño de Bande (Ourense) desaparecido.. GARDA CIVIL
Fotografía do 2005 de José García Prieto, veciño de Bande (Ourense) desaparecido.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta