A Xunta quere crear unha comisaría policial específica de atención ao peregrino

Rueda pídelle a Madrid que complete xa o persoal da Policía Autonómica.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2020 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda,  reclamou de novo ao Goberno central que "complete o persoal da Policía Autonómica, que actualmente se atopa ao 80%, ata contar con polo menos 500 axentes".

Coche da Policía Autonómica
Coche da Policía Autonómica | Fonte: xunta.es

Co mesmo número de efectivos, lembrou, os axentes están a ver incrementadas as súas competencias en funcións como o control do cumprimento das medidas de prevención fronte á covid-19 ou o reforzo da seguridade de caraao Ano Santo, coa creación dun grupo específico de atención aos peregrinos.

Por iso, tamén solicitou apoio e autorización do Executivo central para pór en marcha unha comisaría de atención ao peregrino no Monte do Gozo que se converta no punto de atención policial de referencia no Xacobeo 2021 para os peregrinos que cheguen a Compostela.

VEHÍCULOS

Por outra banda, fixo entrega este luns de 4 novos vehículos todocamiño híbridos para a Policía Autonómica, especialmente equipados para labores de prevención, control e investigación nos Camiños de Santiago e tarefas ambientais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

E de uniforme o da Enxebre Orde da Vieira...

1 Fidel

Xacobeo, Xacobeo, Xacobeo! Todo Xacobeo!!!