A CEG, novamente dividida tras anunciar José Manuel Díaz Barreiros que non se volve presentar

O empresario ourensán estivo dous días no cargo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

O empresario ourensán José Manuel Díaz Barreiros, que dimitiu tras dous días como presidente da patronal galega, descarta volver presentarse nas novas eleccións que a institución prevé convocar para o próximo 15 de xaneiro.

Así o sinalou Díaz Barreiros en declaracións a Europa Press, xusto cando se cumpre unha semana dos comicios nos que foi elixido por aclamación despois de que o seu rival, o vigués Pedro Rey, retirase a súa candidatura cinco minutos antes da asemblea na que estaba previsto celebrar a votación presencial.

O voto telemático dalgún dos vogais xa se realizou e a maneira en que culminou o proceso provocou que tres sectoriais e a confederación de empresarios de Pontevedra reclamasen os datos sobre o escrutinio á organización. Díaz Barreiros presentou entón a súa renuncia, apenas 48 horas despois da súa elección, segundo dixo, para salvagardar a imaxe da patronal.

O novo presidente da CEG, José Manuel Díaz Barreiros
O novo presidente da CEG, José Manuel Díaz Barreiros | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta