Por gcdeportes | Compostela | 08/06/2013 | Actualizada ás 14:29
Celta B, Compos e Fabril disputan este domingo ás 18.00 horas a segunda eliminatoria da fase de ascenso a 2ªB. Os tres xogan na casa, polo que será importante deixar a portaría a cero de cara ao partido de volta. A segunda canle da TVG emitirá un carrusel no que prestará atención aos tres encontros.
Celta B: recibe ao UD Mutilvera, o segundo clasificado do grupo navarro. Equipo fortísimo no seu campo onde só cedeu dúas derrotas e un empate, polo que resulta fundamental para os celestes tomar vantaxe en Barreiro. É un equipo moi goleador cunha media de máis de dous tantos por partido, tendo varios xogadores con esa virtude, sendo Txixo o pichichi do equipo con só 12 dianas. Compensa ademais o seu poder ofensivo cunha sólida defensa, encaixando unicamente 28 goles. Tamén destacar que o conxunto navarro é un habitual na pelexa por ascender á categoría de bronce, aínda que nunca na súa historia o logrou.
Compos: mídese tamén a un equipo da Comunidade Foral, a AD San Juan, campión do seu grupo. O terceiro equipo menos goleado de toda a Terceira División, pero cuns números pouco goleadores. Polo que Fredi, adestrador compostelán, agarda un equipo repregado, con moitos homes detrás do balón, que tratará de aproveitar as xogadas de balón parado. Os branquiazuis contan coa baixa de Germán, que se perderá toda a promoción de ascenso por unha fractura por estrés; mentres que Joselu, un dos máximos goleadores da categoría, é seria dúbida por problemas musculares.
Deportivo B: enfróntase ao CD Tuilla, campión do grupo asturiano. Un equipo tremendamente potente no seu campo onde en liga só sufriu unha derrota, e contabilizou o resto de partidos por vitorias, polo tanto, importantísimo ir a Asturias con resultado favorable. Teñen no dianteiro Jhoni o seu baluarte ofensivo, autor de 17 tantos, polo que será un xogador a ter en conta para a defensa do Fabril.
Previa de José Ángel Santoveña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.