Nova "quita" do 13% ás preferentes de Novagalicia

O plan de Castellano de vender o 51% da entidade nacionalizada a investidores foráneos acelera os movementos en Novagalicia Banco, cuxos preferentistas perderán até o 58% dos aforros.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 10/06/2013 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Xa se coñece oficialmente a segunda "quita" -un "roubo" segundo os afectados"- que terán que afrontar os posuídores de preferentes de Novagalicia Banco. Ademais do 41% de media que perderán de acordo ao recorte publicado en marzo (que fixa un desconto do 58,8 de máximo para os que tivesen preferentes de Caixa Galicia en 2003), agora deberán afrontar unha rebaixa adicional do 13,8%. Polo tanto, os afectados que non logren acudir a arbitraxe ou gañar un preito -malia que moitos deles foron estafados polas caixas- poderán perder de media máis do 54%.

Feijóo saúda a Castellano ante o ex-presidente de Caixanova
Feijóo saúda a Castellano ante o ex-presidente de Caixanova

Os cidadáns con preferentes nin sequera poderán recuperar o diñeiro en efectivo. O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) fixa que o diñeiro cambiarase por accións no caso dos "instrumentos híbridos", como as preferentes. 

O valor desas accións de Novagalicia está por ver. O FROB -que depende en última instancia do Banco de España e, polo tanto, do Estado- estudia vender a entidade galega, na que máis do 90% do accionariado, inmediatamente.

Segundo informou hoxe Faro de Vigo, o plan do presidente José María Castellano é que fondos de capital foráneos merquen o 51% dos títulos na poxa que artellará o FROB. Castellano teima así no seu plan, avalado inicialmente por Feijóo, de que capital privado estranxeiro controle a entidade resultante da fusión das caixas galegas pero seguindo o propio Castellano ao fronte de Novagalicia.

De acordo as condicións do rescate bancario acordado coa Unión Europea, o Estado ten até cinco anos para desfacerse da súa maioría en Novagalicia e Banc Sabadell. Porén, Castellano intenta que a operación de entrada de capital privado foráneo se realice inmediatamente, o que podería estar relacionado co anuncio da nova quita por parte do FROB.

Afectados polas preferentes na manifestación do 1º de maio en Vigo
Afectados polas preferentes na manifestación do 1º de maio en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Aqueles cidadáns que teñan débeda subordinada con vencimento, poderán elixir entre as accións non cotizadas ou "débeda senior" , que vencerá no mesmo prazo que a débeda orixinal, pero tamén terán que asumir recortes, aínda non publicados polo FROB.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Robin das Carballeiras

Cando vexo as fotos destas movidas das prferentes nos medios vexo votantes maioritarios do PP. Damo a alma, non sei por qué. Tamén vexo algúns do PPsoe. E pareceme que se hoxe houbera eleccións, todos isos voltaría a votar PPPSOE. Sen Nome. Outra cousa, nas mividas das preferente e subordinadas, ¿están tódolo/as afectado/as?. Coma sempre neste país. Mentras haxa quen se mova e de a cara (moitas veces para que lla partan), unha maioría garda o p...uto cú na casa, que se estes conseguen algo, malo será que a nos tamén nos toque. Triste país.

1 Sonia

El psoe sigue manteniendo al MOREDA vicepresidente de caixagalicia Y UNO DE LOS CULPABLES DE ESTA ESTAFA.

1 pacolacao

Non, si xa verás como os Ratos, Blesas e compañía non van ter nada que ver. Si ao final vai ser cousa dos roxos.