O Sergas indemnizará con 150.000 euros a morte dunha muller que sufriu por unha reacción alérxica

O TSXG recoñece que se administrou un medicamento a pesar de que na súa historia clínica "constaba prohibida a dispensación destes medicamentos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2020 | Actualizada ás 21:05

Comparte esta noticia

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recoñeceu o dereito dunha familia a recibir unha indemnización de 150.000 euros pola morte dunha muller debido a unha reacción alérxica a un tratamento prescrito na PAC de Caldas de Reis.

O fallo acepta en parte o recurso presentado contra a sentenza desestimatoria en primeira instancia, presentado polo viúvo e o fillo da falecida, e condena á Administración a abonar o pago da citada cantidade.

Os familiares denunciaron a "deficiente" asistencia médica na PAC ao ter prescrito un tratamento antibiótico que lle produciu un shock anafiláctico que lle provocou a morte.

O tribunal recoñece o un erro na actuación da PAC, que non atendeu as particulares circunstancias da paciente ao tratarse dunha persoa "que mostrara signos de sensibilidade reactiva respecto dun antibiótico -amoxicilina-, era alérxica á penicilina e aos Betalactamicos", a pesar de que na súa historia clínica "constaba prohibida a dispensación destes medicamentos".

Hospital
Hospital | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta