Valdeorras aumenta distincións na Guía de Luis Paadín

A Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2021, distingue con "gran ouro" a 21 referencias, con "ouro" a 80, e con "prata" a 40.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 15/12/2020 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

A presentación da publicación en terras valdeorresas tivo lugar o pasado 11 de decembro e no acto estivo presente o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando.

Presentación Guía Luis Paadín 2021. Foto: Prensa CRDO Valdeorras
Presentación Guía Luis Paadín 2021. Foto: Prensa CRDO Valdeorras

Alejandro Paadín, membro do equipo que elabora a prestixiosa guía, deu conta ante os presentes das distincións da D.O. Valdeorras que se fixeron este ano. De tal xeito que co selo de "Gran Ouro" recóllense 21 referencias, co "Ouro" 80 e coa distinción de "Prata", un total de 40.

"Este foi un ano no que máis viños de Valdeorras se cataron de cara a elaborar a Guía", referiu Paadín, ao tempo que destacaba aos "viños de parcela" como singulares do territorio amparado.

O presidente do Consello Regulador agradeceu á publicación que seguira adiante co traballo de elaboración da guía malia as dificultades derivadas da pandemia e amosou a súa satisfacción ao ver que cada vez son máis as referencias valdeorresas que forman parte dunha publicación "que xa é todo un referente de divulgación enolóxica en Galicia".

A PUBLICACIÓN

Guía de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2021 ten editados 21.000 exemplares e consta de 480 páxinas a toda cor. Non ten publicidade, e para a súa elaboración catáronse máis de 1.500 referencias de viños e destilados galegos procedentes de 500 adegas de todas as D.O. galegas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta