Atopan morto ao percebeiro desaparecido en Laxe

Salvamento Marítimo emitiu unha alerta sobre as once da mañá deste luns

Por Galicia Confidencial | Laxe | 14/12/2020 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

O percebeiro desaparecido ao mar na zona do faro do municipio de Laxe foi atopado morto a última hora da mañá. Segundo informa Protección Civil de Laxe a Europa Press, o corpo foi recuperado nas inmediacións do faro e trasladado ao porto. O home, Francisco Manuel Lema Rodríguez, é un veciño do municipio de 59 anos de idade.

Tal e como avanzou Galicia Confidencial, Salvamento Marítimo activou un amplo operativo de procura activouse pasadas as 11,00 horas tras a alerta da confraría de que un 'percebeiro', que se atopaba con outros compañeiros, precipitouse ao mar nas proximidades da Pedra do Boi.

O helicóptero Helimer de Salvamento avistou o corpo sobre as 12,55 horas. Posteriormente, foi trasladado nunha lancha da Cruz Vermella ata o porto de Laxe. Agora estase á espera de que acuda o forense ao lugar para o levantamento do cadáver, segundo explican as mesmas fontes.

Percebeiros
Percebeiros | Fonte: Gabriel González - Wikimedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta