Temas: EXéRCITO BNG

O BNG pide investigar as "proclamas golpistas" de altos mandos militares xubilados

Solicita tamén que o Goberno se se pronuncie sobre o silencio de Felipe VI.

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 15/12/2020 | Actualizada ás 16:42

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) insistiu este martes en reclamar unha investigación para depurar responsabilidades daqueles militares que seguen sometidos ao principio de neutralidade política, e tamén os que están na reserva.

Vehículos militares en Barajas.
Vehículos militares en Barajas.

"Non parece correcto que o feito de xubilarse lles dea o dereito para defender publicamente a necesidade de fusilar e dun novo alzamento militar", sostivo o deputado do BNG, Néstor Rego.

Ademais, tamén pretende que o Goberno español manifeste a súa posición respecto do silencio de Felipe VI sobre este asunto.

Ao seu xuízo, resulta "alarmante" que "o monarca non teña nada que dicir respecto dunha misiva na que se fala abertamente de fusilamentos, pois co seu silencio parece apoiar o seu contido e dá ás aos militares que avogan por volver ás armas".

Pola súa banda, o PNV pedirá este mércores á ministra de Defensa, Margarita Robles, que explique ao Pleno do Congreso como pensa atallar os posibles focos de ideoloxía "totalitaria" que poidan darse no Exército español por mor das últimas manifestacións de militares retirados.

Temas: EXéRCITO BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta