Catro novas mortes por COVID en Galicia, dúas delas eran persoas procedentes de residencias

Todos tiñan patoloxías previas. O total de mortes en Galicia desde o inicio da pandemia elévase a 1.323.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade comunicou este martes catro falecidos máis con coronavirus --todos con patoloxías previas--, de forma que o total de mortes en Galicia desde o inicio da pandemia elévase a 1.323.

Esta cifra de falecidos supón a menor notificada en Galicia desde o pasado sábado --xornada con tres óbitos--. Hai un descenso respecto ao domingo --seis vítimas-- e luns --sete--.

Dous dos decesos están relacionados con residencias: unha muller de 94 anos falecida no CHOP de Pontevedra --procedente da residencia Soremay-- e unha muller de 93 anos que faleceu na residencia Vila do Conde de Gondomar.

Ademais, este martes comunicáronse dúas mortes de dúas mulleres de 89 anos --no Chuvi de Vigo-- e 93 anos --no Chuac da Coruña--.

Traballadores do servizo de prevención de indencios da Xunta realizan tarefas de desinfección en centros de saúde e residencias de concellos de menos de 5.000 habitantes. XUNTA
Traballadores do servizo de prevención de indencios da Xunta realizan tarefas de desinfección en centros de saúde e residencias de concellos de menos de 5.000 habitantes. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta