Ata agora, o fígado, unha vez extraído do corpo do doante, podía almacenarse de forma segura durante unhas poucas horas (tempo de isquemia fría).
  comenta   0
"É necesario mellorar a mobilidade da zona e os accesos ao Chuac, pero non ten porque supor unha agresión ao patrimonio natural e cultural", sostén a portavoz municipal da Marea Atlántica, María García.
  comenta   0
A xerencia evita desmentir as denuncias dos facultativos e limítase a sinalar a grande afluencia de pacientes con enfermidades respiratorias.
  comenta   0
A comarca de Ferrol denuncia un recorte sen precedentes do transporte público dende a chegada dunha UTE integrada por Monbús. No sector aseguran que as grandes empresas buscan acaparar os contratos da Xunta ofrecendo grandes servizos que, unha vez se fan coas liñas, incumpren.
  comenta   4
O Movemento Galego de Saúde Mental alerta sobre unha práctica que xa foi criticada pola Fiscalía Xeral. A Xunta di que incrementou un 30% en dous anos o orzamento para prazas concertadas.
  comenta   0
Otorrinos do CHUAC e do CHUS cuestionan os resultados dun estudo científico que cobrou fama mundial tras recibir o premio Ig Nobel de Medicina 2021 (parodia dos Nobel da Academia Sueca), no que se afirma que o sexo con clímax pode desconxestionar o nariz. Non é un tema frívolo nin fútil; a ciencia vén investigando a relación entre sexo e a función nasal desde hai máis dun século e os científicos de Galicia piden máis estudos para resolver a polémica.
  comenta   0
Unha nova investigación con participación galega relaciona variantes xenéticas con casos graves e mortes de pacientes infectados co coronavirus. Outros estudos tamén asocian outras variantes nalgúns xenes cunha maior protección fronte a infección por SARS-CoV-2.
  comenta   0
O PSdeg pediulle ao Goberno galego que deixe de botar "balóns fose" e "sexa sensible" ante os "problemas" que padece a veciñanza.
  comenta   0
A taxa de mortalidade hospitalaria foi do 34%, segundo un estudo. Novas investigacións con participación galega tamén apuntan que a mortalidade intrahospitalaria elévase ao 38,7% nos pacientes que foron intubados, que o uso de corticoides empeora o prognóstico dos enfermos ou que o confinamento puido favorecer o deterioro dos usuarios de residencias.
  comenta   0
Sitúase en 41,6 doantes por millón de habitantes, un punto por enriba do conxunto de España.
  comenta   0
É, tras as urxencias do Hospital de La Paz de Madrid, o peor valorado na Memoria anual de presuntas neglixencias médico-sanitaria.
  comenta   0
"Pasillo en Urgencia, fracaso de gerencia" ou "Pacientes, profesionales, dignidad, respeto y cuidado" son algúns das críticas que fan.
  comenta   1
Unha investigación estatal con participación do CHUAC e do CHUS mostra unha menor persistencia a longo prazo dos anticorpos contra o coronavirus en transplantados que se infectaron co SARS-CoV-2, á vez que evidencia que “a vacinación aumenta a súa resposta humoral”.
  comenta   0
Denuncian que non se respectan os cocientes asistenciais por paciente nin se está a manter o persoal en todo momento ao 100% para garantir a calidade.
  comenta   0
Como resultado da coordinación entre os axentes a pé de rúa e a sala operativa da Policía Local, localizouna nunha vivenda na avenida de Navarra.
  comenta   0
Inés Rey lembrou ao goberno autonómico que esa parcela se cedeu en 2010 a Aspronaga e que, ao non poder executar esta o proxecto previsto, "en xuño deste ano" foi cedida a 'Proxecto Home'.
  comenta   0
Tal é a situación de colapso e caos que o persoal sanitario do CHUAC anuncia unha folga este xoves para denunciar a "incompetencia" da Xunta e lembrarlle á cidadanía que "seguen na primeira liña" do combate da covid. A Xunta anuncia que rerforzará a atención primaria.
  comenta   10
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalou que "É moi difícil de entender que o concello unilateralmente decidise o futuro dunha parcela preto do ámbito do novo Chuac e que condiciona o futuro".
  comenta   0
Investigadores defenden que "é unha ferramenta e non un rival" para os clínicos, que "vai facilitar o seu labor" porque poderán "tomar decisións máis rápido".
  comenta   0
Feijóo xa dixera na noite do mércores que este xoves se superarían os 2.000 casos. A presión hospitalaria contense, con 4 ingresos máis en UCI e cinco pacientes menos en camas convencionais
  comenta   0
Datos dun estudo europeo con participación galega indican que as disfuncións quimiosensoriais poden seguir aparecendo en persoas coa pauta de vacinación completa contaxiadas co SARS-CoV-2.
  comenta   0
Consideran que esta tecnoloxía ofrece unha experiencia segura e positiva aos pacientes. E un estudo feito en Galicia mostra os beneficios dos programas de exercicio físico para persoas coa enfermidade de Parkinson.
  comenta   0
Denuncian que non hai planificación para que poidan recuperar esas horas. A xerencia responde que está a conceder días de libre en función "da demanda asistencial e a dispoñibilidade de profesionais necesarios para a substitución destas ausencias".
  comenta   0
"Sen hospitais novos teriamos colapsado", dixo Feijóo sobre a pandemia e en alusión aos investimentos autonómicos.
  comenta   0
Todos contaban con patoloxías previstas, tal e como precisa a Consellería de Sanidade.
  comenta   0
Juan Gestal e María José Pereira resolven as principais dúbidas sobre a inmunidade de grupo, a capacidade das vacinas e a fin da pandemia. Polo momento, adiantan, a máscara seguirá sendo imprescindible en espazos pechados.
  comenta   0