Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2025 | Actualizada ás 11:18
Unha persoa que viaxaba en moto resultou ferida tras chocar un turismo co seu vehículo na AC-5813, ao seu paso polo municipio coruñés de Sada. O suceso produciuse sobre as 19.00 horas deste sábado e ata o punto mobilizáronse os bombeiros do parque provincial de Betanzos.
A persoa que viaxaban na moto tivo que ser trasladada ao Chuac. No operativo tamén participou a Policía Local, a Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.