Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2024 | Actualizada ás 13:06
Falece o sancristán da igrexa do centro do municipio de Carballo, que resultou ferido grave ao sufrir unha indisposición e caerlle encima unha imaxe dun santo este sábado.
O home, de 78 anos e veciño de Coristanco, foi trasladado en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), onde estivo ingresado e faleceu na mesma xornada.
O suceso produciuse sobre as 13,25 horas do sábado e foi Urxencias Sanitarias quen alertou ao 112 da incidencia e do desprazamento da aeronave para o seu traslado. Foron avisados Policía Local e Protección Civil, entre outros.
O sancristán foi evacuado desde a igrexa de San Xoán ata o parque de San Martiño, onde aterrou o helicóptero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.