Como afecta a Covid nas relacións amorosas?

A enquisa "El amor en tiempos de covid" de Platanomelón detectou illamento e medo a buscar parella pola Covid.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/12/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A marca online de xoguetes eróticos Platanomelón recolle as impresións de máis de 20.900 persoas que participaron da enquisa "El amor en tiempos de covid" promovida pola empresa e que revela como mudou a forma de flirtear e as relacións de parella en tempos de Covid.

Bico de amor
Bico de amor | Fonte: Yotube.com

As 20.963 participantes, de entre 18 e 35 anos, contestaron ás preguntas da enquisa online na que se analizaron os cambios nas relacións intrapersoais nun contexto no que as medidas restrictivas pola covid esixen unha distancia de seguridade que afecta á nosa vida social.

EFECTOS NEGATIVOS NOS SOLTEIROS

Desta enquisa obtivéronse diferentes resultados: o 70% das persoas sen parella estable suxire que, dende o desenvolvemento da pandemia polo covid, ten menos relacións sexuais. A razón É que existe un medo xeralizado ao contaxio.

"As facilidades á hora de establecer contacto físico con outra persoa vense limitadas polas medidas de seguridade que debemos manter", explica Mónica Branni, do equipo de sexólogas de Platanomelón. 

Por outra banda, o 78% dos solteiros e solteiras admite que a distancia social está a facer que custe moito máis coñecer a xente nova e esta circunstancia preocupa e angustia a un 68% dos enquisados. "As interaccións son parte da nosa natureza, polo que non ter contacto con outras persoas é unha fonte de estrés", defende a sexóloga.

EFECTOS NEGATIVOS NAS PARELLA

A covid non so afectou ás persoas sen parella, senón tamén ás que si a teñen. O 63% das persoas enquisadas considera que o estrés provocado pola pandemia afectou negativamente á súa relación. A causa é a reducción da vida social, xa que conviven máis tempo xuntos, non ven aos amigos, non fan actividades fóra da casa... e iso supón unha rutina que moitas parellas non aguantan.

Segundo apunta Mónica Branni, "estes datos amosan que é importante manter espazos de ocio persoal aínda vivindo nunha dinámica de parella". Mais tamén destaca que o aspecto positivo da pandemia para outras parellas foi que "aprenderon a ser máis empáticos e melloraron a comunicación de parella".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta