Negreira e Romay Beccaria, ponentes da EGAP

CIG-Administración denuncia que a Xunta usa os cursos de formación para o "adoutrinamento político" e para convidar aos "amigos do partido". Critica que se use a Escola Galega de Administración Pública para atacar a propia configuración autonómica galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/06/2013 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

Carlos Negreira, Alcalde da Coruña, e Romay Beccaria, actualmente presidende do Consello de Estado, están entre os ponentes de varios cursos monográficos organizados pola EGAP sobre o "futuro do Estado autonómico". 

Presentación da campaña de Carlos Negreira
Presentación da campaña de Carlos Negreira | Fonte: PPdeG

Entre resto de ponentes de "diversidade ideolóxica" tamén está na conferencia inugural, Tomás-Ramón Fernández Rodríguez, catedrático emérito da Complutense, e colaborador de varios programas televisivos nos que insiste na necesidade da reforma da constitución no título VIII, para reconducir  as autonomias e retirar competencias "excesivas" que lles foran transferidas. Tamén forma parte do elenco de profesores deste curso, o catedrático Roberto Blanco Valdés, "unha persoa coñecida polos seus ataques á función pública galega pero que non lle fai noxos a cobrar dela", di a CIG-Administración. E, entre os 11 ponentes, non figura nin unha soa muller.

Precisamente, este sindicato denuncia que o PPdeG está utilizando a Xunta para realizar "adoutrinamento político" con cursos de formación organizados pola EGAP. "Tralo curso organizado pola EGAP sobre o 'futuro da función pública' chega agora o 'futuro do Estado autónomico'. Desta volta, e nun novo alarde de hipocresía, a Xunta non se priva de utilizar cartos públicos autonómicos para atacar a propia configuración autonómica galega que lle permite dispoñer deses cartos", denuncia.

"Amigos do partido"

Neste sentido, critica que en época de austeridade, "chama a atención" que se detraian cartos da finalidade fundamental da EGAP, a de formar aos empregados, para organizar cursos monográficos de adoutrinamento político "aos que invitar aos amigos do partido".

CIG-Administración vai máis alá nas súas denuncias e sinala que estes cursos " seguen o camiño trazado pola FAES, fundación que marca a liña ideolóxica do PP", no sentido de atacar á función pública primeiro, logo ás autonomías e do Estado do Benestar, en xeral. "O que sería estrano é que se organizase un curso relacionado cos niveis de corrupción galopante nas Administracións aproveitándose dos recursos públicos, o alto índice de fraude e evasión de capitais, a regresividade fiscal ou o nivel de infradesenvolvemento dos Servizos Públicos respecto ao que nos correspondería por PIB", engade.

Financiación

Por iso, insiste en que do programa do curso o "futuro do Estado das Autonomías" despréndese unha "clara censura" da liña de pensamento oposta á recentralización do Estado. "Trátase logo, dun curso partidista que debería financiar a FAES e ser desenvolto no ámbito do Partido Popular, e non a través dunha institución pública adicada á formación das empregadas e empregados públicos e pagado con cartos de todas e todos os contribuíntes", engade.

Anuncia a central sindical que solicitará explicacións formais sobre o custo exacto deste curso, incluíndo organización, publicidade, ponencias e axudas de custe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 xunteiro vellouco

Pero non haberá unha alma caritativa que lle recomende a Bastos que vaia a un logopeda?. Sí, home sí, para que te enseñe a falar, porque meu pobre, ti non falas, ti ladras. Parece mentira que sendo como es tí un home tan "leído" non te lembres de Dwemóstenes, sí home sí, o das pedriñas na boca!

8 Virxinia

Que ben! Veñen todos os meus ídolos e líderes á Egap! Ese día levarei un vestido novo e irei ben guapiña. Ogallá deixen facer preguntas ao público ao remate!

7 anonimo

JA JA JA Ay que bueno los adornadores nº 1 quejándose de los demás. falou a vaca e dix o mú. al PP le está bien por bailarles el agua

1 anonimo

quise decir adoctrinadores, es que con la risa me bailan las letras

6 ssss

Bochorno produce ollar a foto do sr alcalde da Coruña, temos os politicos e dirixentes que cada pobo merecese.

5 xunteiro vellouco

E que vos parece que entre os "ponentes" apareza o pobriño Bastos?. Cada vez estou máis certo da man de Barreirono deseño.