Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/12/2020 | Actualizada ás 19:28
A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou este luns que o novo modelo de residencias de maiores será "participativo, consensuado e integrador", e apostou por aproveitar as potencialidades da tecnoloxía, avanzar na coordinación sociosanitaria e explorar melloras estruturais e arquitectónicas nos centros. Con todo, non puxo pegas nin anunciou modificacións do actual sistema de residencias concertadas, moitas delas duramente golpeadas pola Covid.
Así o trasladou durante a súa intervención na reunión inaugural do Comité Asesor Sociosanitario, un organismo que será o encargado de marcar as liñas mestras do futuro do sector.
Fabiola García apuntou que o novo modelo de residencias de maiores necesita do punto de vista de todos os axentes implicados, desde persoal médico e enfermaría, pasando por directores e traballadores de centros non sanitarios, académicos e investigadores ou arquitectos, ata as familias dos propios usuarios.
Segundo a conselleira, o sistema debe sosterse sobre tres alicerces fundamentais: "apostar polas potencialidades da tecnoloxía e pola ao servizo da calidade de vida das persoas; explorar melloras estruturais e arquitectónicas que permitan optimizar a atención en todas as circunstancias; e o imprescindible avance na coordinación entre o ámbito social e o sanitario".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.