Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/12/2020 | Actualizada ás 17:36
A Comunidade galega rexistrou en 2019 una das taxas máis baixas de interrupción voluntaria do embarazo (IVE), con 6,41 abortos por cada 1.000 mulleres de entre 15 a 44 anos --por baixo dos 6,50 casos de 2018--.
En concreto, en Galicia, un total de 2.868 mulleres decidiron abortar en 2019. Delas, 1.551 fixérono na provincia da Coruña; 662, na de Pontevedra; 378, na de Ourense; e 277, na de Lugo.
Así se desprende dos datos do informe do Ministerio de Sanidade correspondentes ao pasado exercicio publicados este martes, que detallan que, no conxunto do Estado estas interrupcións aumentaron en 2019 ata as 99.149, en comparación coas 95.917 do ano anterior, é dicir, unha alza do 3,37 por cento. Así, a taxa nacional sitúase en 11,53 abortos por cada 1.000 mulleres de 15 a 44 anos, fronte ao 11,12 de 2018.
No informe anterior, a subida foi do 1,91 por cento respecto de 2018. Os datos sitúanse moi por baixo de 2010, último ano coa regulación anterior á actual, cando se rexistraron 113.031 interrupcións voluntarias do embarazo, cunha taxa de 11,49 por cada 1.000 mulleres.
Das 99.149 mulleres que se someteron a unha interrupción voluntaria do embarazo en 2019, dentro das que teñen fillos, 9.532 vivían soas, 33.384 en parella, 6.681 con pais e/ou familiares e 989 con outras persoas. Na categoría daquelas sen fillos, 10.565 non convivían con ninguén, 13.133 estaban en parella, 19.058 vivían con pais e/ou familiares e 2.361 con outras persoas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.