O Goberno destinou máis de 740 millóns á Xunta para facer fronte á pandemia

Trátase dunha contía non rembolsable.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2020 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno en Galicia cifrou en 1.193,4 millóns de euros as prestacións sociais recibidas por galegos e galegas desde o inicio da pandemia. "A esta cantidade hai que sumarlle os 734,9 millóns de euros ingresados polo Executivo directamente á Xunta e os 5.374,9 millóns de financiamento garantido da liña de avais do Instituto de Crédito Oficial pola Covid-19", engade.

Por outra banda, afirma que este "escudo social" chegou en Galicia a 134.916 persoas o último mes. "Foron 114.138 persoas asalariadas e outras 20.778 que traballan por conta propia". "As prestacións sociais suman desde o inicio da pandemia 1.193,4 millóns de euros, dos que 108 corresponden ao último mes", engade.

DESCENSO DOS ERTE

Un home con máscara tras o cristal da porta dunha oficina de emprego, SEPE. Óscar Canas - Europa Press
Un home con máscara tras o cristal da porta dunha oficina de emprego, SEPE. Óscar Canas - Europa Press | Fonte: Europa Press

Por outra banda, indica que as persoas en situación de ERTE en outubro eran 26.918, fronte ás 165.038 de máximo de abril. Pola súa banda, as traballadoras por conta propia con prestacións eran 20.778, fronte ás 95.938 de máximo ao longo destes meses. "Ademais das prestacións que chegan de maneira directa ás galegas e os galegos, o Goberno tamén transferiu 743,9 millóns de euros non reembolsables á Xunta, correspondentes ao Fondo COVID-19".

"Son 417,8 millóns de euros para sanidade, 93 para educación e 224,1 para compensar a caída de ingresos pola redución da actividade económica", engade. Tamén explica que, ademais destes fondos, a Xunta poderá destinar 272 millóns de euros de Fondos FEDER a sanidade, un 8,5% do total estatal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta