Papa Noel comeza a gañarlle a carreira do Nadal aos Reis Magos

'Star Wars' e as licenzas televisivas, estrelas dun Nadal marcado pola pandemia. As restricións sanitarias afectaron máis ao pequeno comercio que a centros comerciais, aínda que a demanda mantense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/12/2020 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Os xoguetes serán de novo os protagonistas este Nadal, a pesar da COVID-19. Un Nadal na que as familias galegas prefiren regalar máis por "Papá Noel" que na noite de Reis. Como cada ano, as familias acoden tanto a pequenos establecementos como a centros comerciais para tentar satisfacer as ilusións e desexos dos máis pequenos da casa, nunha época que ademais supón un importante movemento de actividade económica para os negocios que se reparten por toda a xeografía galega.

No entanto, segundo trasladan diferentes negocios da Coruña e Santiago consultados por Europa Press, existe unha clara diferenza tanto no tipo de produto polo que preguntan e se interesan as familias, como polos efectos das restricións no volume de compras e de clientes que acoden aos establecementos.

Desde 'El Corte Inglés', por exemplo, aseguran que a tendencia de compra é "moi similar" á de campañas anteriores": o xogo de uso no interior "gaña terreo ao xoguete ao aire libre". Isto veuse acentuando "nos últimos dous anos", aseguran, aínda que no caso dos seus establecementos "non se incrementou" especialmente con motivo da pandemia.

Os xoguetes máis demandados "seguen sendo os relacionados con licenzas ou series televisivas", é dicir, o que os pequenos ven na pantalla ou na publicidade. Entre eles, destacan os produtos do mundo 'Star Wars' (como o famoso Baby Yoda da serie 'The Mandalorian') e os de series como SuperThings, Bebés Llorones, Bellies ou Patrulla Canina, que teñen "unha aceptación moi alta".

Outras propostas de interese son os clásicos renovados, como todas as versións do 'Monopoly' ou o 'Party' e xogos de mesa para estar en compañía, ademais de coches, pistas e 'Scalextric', que "seguen sendo unha aposta segura para acertar cos máis pequenos". As videoconsolas e o lecer electrónico cada vez gañan mais peso, e este ano as familias tamén preguntan moito polo lanzamento da 'PlayStation 5' e 'XBOX X'.

MANUALIDADES E EDUCATIVOS

Nos comercios máis pequenos, pola súa banda, si que se notou un maior repunte dos xoguetes para gozar en interiores, ademais dos efectos das restricións: ou ben as familias adiántanse ou as compras tardan en arrincar.

Varias cidades víronse máis afectadas que outras en función das restricións de mobilidade e de apertura de establecementos vixentes en cada momento e lugar, aínda que os seus efectos tamén foron diferentes en grandes almacéns respecto de negocios máis pequenos.

En 'Imaginarium', en Santiago, notouse moito o cambio de tendencia, posto que agora os nenos "veñen moi pouco" e "saen menos de casa". A pesar diso, as ventan experimentan un repunte desde o 15 de decembro e avanzan a un timo "parecido ao ano pasado". "É normal debido ás restricións, estamos todos igual", sinalan.

Papá Noel e os Reis Magos
Papá Noel e os Reis Magos | Fonte: Televalencia

PLANIFICACIÓN DAS COMPRAS

Outros locais, como 'Din e Don', notaron como as familias empezaron "moito antes" a planificar e realizar as súas compras do Nadal mentres que outros anos concentrábase máis "a última hora", unha cuestión que interpretan como un intento de anticiparse a un regreso das restricións de mobilidade.

Na Coruña, pola súa banda, 'Eurekakids' tamén constata un repunte dos produtos "para estar máis en casa", como lousas con letras e números magnéticos para aprender a ler e escribir, manualidades ou máquinas de coser de xoguete.

REIS OU PAPÁ NOËL

En maior ou menor medida, o comportamento dos clientes é "moi similar" en termos xerais a campañas anteriores. Un recente estudo publicado por 'ALDI' indicaba que un 35 por cento das familias galegas prefire celebrar en 'Papá Noel, un 30 por cento en 'Reyes ' e outro 35 por cento en ambos por igual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta