Poesía e música para recadar diñeiro para a rapazada necesitada dun barrio de Santiago

O dinamizador cultural Diego Horschovski e a cultura compostelá únese para axudar á asociación de Vite.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O dinamizador cultural, poeta e divulgador filosófico, Diego Horschovski, organiza un evento que se emitirá o 29 de Diciembro ás 21:00hs a través do Facebook de Poesía e Microrrelato Compostelano. A finalidade é contribuír á Campaña de Nadal da Coordenadora de Vite que ten, como obxetivo principal, facer fronte á compra de suadoiros para os rapaces e rapazas, vencelladas á asociación, de familias de escasos recursos.

Diego Horschovski, organizador do benéfico, Xesús Igrexa, director da Coordenadora de Vite e voluntarias da asociación
Diego Horschovski, organizador do benéfico, Xesús Igrexa, director da Coordenadora de Vite e voluntarias da asociación | Fonte: Fonte: Poetry Slam Compostela

Ademais, este evento contará coa participación de dezaoito artistas, entre as que se atopan a cantautora Zeltia Irevire, o poeta ourensán Carlos Da Aira, a ilustradora Raquel Germade, o poeta de Carral Peter Brea, a cantante Laura Lamontagne, o slamer Paulo Maestro, a poeta Lúa Mosquetera e a cantautora Sheila Patricia, entre outras.

Xesús Igrexa, Luki, é o responsable do colectivo de Vite e di estar moi agradecido pola axuda altruista das artistas que, "ao igual que o fan moitas persoas que se achegan ao centro sociocultural José Saramago de Vite, colaborarán para conseguir cubrir as necesidades da mocidade vitense máis desfavorecida".

QUINTO EVENTO BENÉFICO DE HORSCHOVSKI EN COMPOSTELA 

O dinamizador cultural leva organizando actividades na cidade dende hai máis de cinco anos. Entre as que puxo en marcha destacan os debates de Filosofía a Pé de Rúa, os eventos de Poetry Slam Compostela e os encontros de Poesía e Microrrelato Compostela.

 

Este evento será o quinto evento benéfico que organice en Compostela nos últimos cinco anos e é o segundo, por vez consecutiva, que será para a Coordenadora de Vite. En anteriores ocasiones organizou tamén eventos benéficos para a cociña económica ou o refuxio de animáis Vacaloura.

 

Todas as actividades que leva a cabo son de carácter social e teñen como obxectivo a difusión e promoción tanto da poesía como da divulgación da filosofía para públicos alleos á disciplina en cuestión. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta