Unha de cada cinco persoas maiores pasa en soidade as festas de Nadal

Según un estudo, o 32% non ten ningunha relación cos seus familiares.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Segundo un estudo recente da empresa siderúrxica alemá ThyssenKrupp, un de cada cinco anciáns pasa as festas de Nadal completamente só en España. Os motivos poden ser que non teña relación cos seus familiares (o 32%), que a súa familia vai de viaxe (o 21%), que os seus achegados non viven en España (o 15%) ou porque non ten familiares directos (o 12%).

Coidador. Maior. Dependencia. Residencia de anciáns. SANITAS MAIORES - Arquivo
Coidador. Maior. Dependencia. Residencia de anciáns. SANITAS MAIORES - Arquivo

 

Este ano súmanse as restriccións debido á pandemia pola covid-19, que provoca máis soidade nos nosos maiores durante estas datas. Ademais, súmase o medo a coller o virus, xa que este sector de poboación, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) hai case dous millóns de persoas con máis de 65 años, é o máis afectado pola pandemia.

 

Por outra banda, a Organización Mundial da Saúde (OMS) alerta de que a falta de atención é un factor que produce un deterioro físicco e psíquico máis rápido nas persoas maiores. É importante coidar dos nosos maiores e que se sintan queridos para que vivan máis e mellor.

 

CUIDUM

Por isto, nacen plataformas como Cuidum, que aseguran que os maiores estean acompañados durante todo o año, mais especialmente nas festas de Nadal. Cuidum adáptase ás circunstancias personais e económicas de cada familia e ofrece unha atención persoalizada para que cada ancián conte cun coidador a domicilio con experiencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta