A Xunta permite a mobilidade en toda Galicia só o día de Reis e planea restricións máis duras para Santiago e A Coruña

Carnota e As Pontes pasan a estar confinadas e Naró, ao nivel medio. O resto de concellos segue na mesma situación, con especial vixilancia aos das comarcas herculina e compostelá.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 04/01/2021 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

O comité clínico  que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión deste luns, permitir a mobilidade por toda Galicia, incluído os concellos fechados, só durante o día de Reis. Ademais rebaixa ao nivel básico as restricións nos concellos de Carnota e As Pontes. Deste xeito suprímeselles as limitacións de mobilidade que tiñan ata o de agora.

A Consellería de Sanidade informa que o comité clínico decidiu tamén baixar o concello de Narón, ao nivel medio, mentres  que  se manteñen os niveis actuais de restricións existentes a día de hoxe no resto dos concellos da comunidade.

A única excepción é a que permitirá a mobilidade entre concellos, incluso nos que se atopan perimetrados, durante o vindeiro mércores, día 6 de xaneiro, entre as 06,00 e as 23 horas. Ao igual que aconteceu nas pasadas festas, cinguíndose a posibilidade destes desprazamentos ás visitas familiares.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou engadir ao listado de vixilancia especial aos concellos das comarcas da Coruña e Santiago de Compostela. Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00,00 horas do mércores.

A decisión de manter as restricións vixentes en toda Galicia vai ser revisada na  xuntanza do próximo venres, xa que o grupo de expertos acordou que é necesario agardar uns días para poder avaliar a evolución epidemiolóxica logo das medidas adoptadas polas festas do Nadal e fin de ano.

Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. A Xunta ordenou. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Varios axentes de Policía Nacional dan o alto a un vehículo nun control de mobilidade na parroquia do Castiñeiriño (Santiago de Compostela), na entrada e saída Santiago cara a Ourense, Galicia (España), a 3 de novembro de 2020. A Xunta ordenou. Álvaro Ballesteros - Europa Press

PREOCUPAN SANTIAGO E A CORUÑA

As cidades de Santiago e A Coruña terán que enfrontarse a medidas máis duras para o control da pandemia se a tendencia negativa que rexistran non cambia antes de que o grupo de expertos que asesora á Xunta para combater a covid-19 se volva reunir o venres.

"O comité clínico proporá medidas restritivas en Santiago e A Coruña, á vista dos datos epidemiolóxicos dos últimos días. De seguir esta tendencia á alza, o vindeiro venres estableceranse medidas concretas máis duras", anticiparon fontes de Sanidade, ao termo da reunión deste comité.

Á porta do Día de Reis, o comité clínico tamén decidiu fixar unha especial vixilancia nos concellos das comarcas da Coruña e Santiago, nas que os datos empeoraron significativamente nos últimos días.

En canto á capital galega, o seu alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, afirmou nesta mesma xornada que, aínda que había certa "retardación" nos casos non se podía falar de "estabilización" e remarcou que a situación na cidade é "delicada e cambiante". Por iso, vaticinou que non habería "grandes cambios" nas restricións, como sucedeu.

Con todo, do comité clínico si saíu a advertencia de que a evolución en Santiago e na Coruña non é boa, polo que --se non cambia a tendencia e aínda que polo momento as súas restricións non varían (están en nivel medio, con mobilidade restrinxida pero horarios máis amplos, por exemplo, en hostalaría)-- as súas restricións poderían empeorar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta