A alcaldesa de Narón ve prexudicial o peche perimetral en solitario

Lamenta que esta decisión "se vai deixar notar na economía".

Por Europa Press / Redacción | Narón | 04/01/2021 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro (TeGa), valorou a baixada de casos activos en coronavirus no concello. "Os datos acompáñannos e imos mellorando, cada vez temos menos casos", valora. Con todo, lamentou que "quedar como municipio só, illados, a nivel comercial, e sobre todo na etapa na que estamos, vaise deixar notar na nosa economía".

Marián Ferreiro.
Marián Ferreiro.

Así o trasladou a rexedora naronesa tras coñecer á primeira hora da tarde deste luns, 4 de xaneiro, a decisión do comité clínico que asesora á Xunta sobre o paso deste concello a nivel medio de restricións, e deixar de compartir peche perimetral con Ferrol, e facelo en solitario.

"Por quedarnos con algo positivo, o bo é que as cifras de afectados polo coronavirus son menores e tamén a ampliación do horario de apertura e capacidade interior da hostalaría", explica.

De todas as maneiras, a alcaldesa de Narón destacou que o feito de que o concello quede agora como unha "illa", sen compartir peche perimetral con Ferrol, vai supor certo trastorno á poboación de ambos os municipios.

"Son medidas adoptadas moi rápidas, dun día para outro, hai moitas encargas no ámbito comercial entre a poboación dos dous concellos; non hai moita marxe para facer variacións, pero é o que toca, témolo que acatar e faremos cumprir as medidas", sentenciou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta