SOS Sanidade Pública pide "facer fronte" ao "recorte de dereitos" da Xunta coa reforma da lei de saúde

Di que a nova lei "recorta dereitos e liberdades".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/01/2021 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

A Plataforma SOS Sanidade Pública chamou ás forzas políticas, aos sindicatos e axentes sociais en Galicia a facer fronte ao intento da Xunta de "recortar dereitos e liberdades" a través da reforma da lei de saúde de Galicia.

Nun comunicado remitido aos medios, a plataforma denuncia que o Executivo galego presenta a modificación lexislativa como unha proposición non de lei do PP en lugar de como Goberno para "evitar o informe preceptivo dos servizos xurídicos" do Parlamento sobre a legalidade das propostas.

Así mesmo, sostén que se trata dunha medida de "mercadotecnia política" porque utiliza a alarma social pola pandemia e asegura que é "innecesaria" dado que a actual lexislación contén todos os instrumentos legais necesarios.

A plataforma denuncia que a reforma "recorta dereitos e liberdades" que noutras circunstancias "non serían aceptados pola maioría da poboación", o que "supón un perigoso precedente para outras situacións".

Manifestación en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Manifestación en defensa da sanidade pública galega convocada por SOS Sanidade Pública, en Santiago de Compostela (Galicia) a 9 de febreiro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press

Ademais, censura que "impón, baixo ameaza de grandes sancións, a obrigación de realizar probas, vacinacións e tratamentos que invaden a liberdade de decisión das persoas sobre a súa saúde e vulnera a lei de Consentimento Informado.

SOS Sanidade Pública advirte de que a modificación tamén outorga un "enorme poder" a unha Comisión de Expertos cuxos criterios de elección e composición "son descoñecidos" a pesar de que as súas medidas terán "unha enorme repercusión social".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

De momento o único que fan é COPIAR os protocolos do Goberno Central baixo Estado de Alarma ! Se conculcan DEREITOS FUNDAMENTAIS xa sabemos a onde teñen que acodir os sabios do Hórreo (ao Tribunal Constitucional) // Pero se tanto lles preocupan os Dereitos e Liberdades Democráticas tamén lles suxiro darse unha volta polo Concello de Vigo a ver se son quen de facer que os Plenos sexan Públicos e a xente poda Participar neles ! Eso sí sería un milagre logo de 13 anos soportando unha Democracia Privada ! sen que ninguén abrira a boca !!! https://twitter.com/00Gamela/status...