Feijóo ve "sorprendente" que nunha pandemia o ministro de Sanidade "estea a tempo parcial"

O presidente da Xunta carga contra Salvador Illa tras o anuncio da súa candidatura á presidencia da Generalitat de Catalunya.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/01/2021 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considerou "sorprendente" que nunha pandemia como a da covid-19 o ministro de Sanidade de España —Salvador Illa— estea "a tempo parcial dedicado á sanidade e outro tempo á súa candidatura".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao novo centro de saúde de Milladoiro, en Ames
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa visita ao novo centro de saúde de Milladoiro, en Ames | Fonte: Europa Press

O máximo mandatario autonómico pronunciouse deste xeito ao ser preguntado durante un acto en Ames pola candidatura do actual responsable de Sanidade do Executivo Estatal, Salvador Illa, á Presidencia da Generalitat de Cataluña polo PSC.

Feijóo asegurou non coñecer "antecedentes" respecto diso. "No momento máis difícil sanitariamente de España, que a autoridade sanitaria estea a tempo parcial dedicado á sanidade e outro tempo á súa candidatura é moi sorprendente", indicou.

Aínda que sinalou que é unha decisión do Partido Socialista que hai que "respectar", sostivo que lle corresponde aos cidadáns de Cataluña e do conxunto de España "avaliar" esta situación.

Feijóo deixou claro que en plena pandemia o ministro de Sanidade "non pode estar a tempo parcial", senón que "ten de estar exclusivamente dedicado á sanidade".

"Non pensaría por un instante que puidese ser designado candidato para algo. A maior honra dun político neste momento en España é xestionar a sanidade pública dos españois", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta