Dúas persoas que debían estar en corentena rexentaban en Cee un posto de venda ambulante

O posto foi localizado pola Garda Civil e os propietarios aceptaron pechar o negocio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

A Garda Civil localizou este fin de semana nunha feira do municipio coruñés de Cee un posto de venda ambulante rexentado por persoas que debían permanecer en corentena e que "non respectaran as medidas establecidas polas autoridades sanitarias".

En concreto, os axentes acudiron ao mercado, situado no centro urbano de Cee, tras ter coñecemento de que os donos dun posto de venda de produtos de alimentación poderían estar a incumprir a corentena decretada pola autoridade sanitaria.

Unha vez alí, os implicados aceptaron pechar o negocio e cumprir as medidas médicas ditadas, colaborando cos axentes unha vez foron requiridos para o peche do posto. Os feitos puxéronse en coñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta por se fosen constitutivos de infracción administrativa.

Control da Garda Civil
Control da Garda Civil | Fonte: map.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta