Pfizer ten "datos prometedores" sobre a capacidade da vacina para evitar a transmisión do virus

A vacina de Pfizer e BioNTEch ten unha "alta eficacia" contra as dúas novas variantes, a británica e a surafricana, aínda que é necesario "medir os ensaios clínicos para estar seguros", aseguran.

Por E.P. | BRUSELAS | 13/01/2021 | Actualizada ás 17:28

Comparte esta noticia

O conselleiro delegado de Pfizer, Albert Bourla, asegurou este mércores que a compañía dispón de "datos prometedores" sobre a capacidade da vacina que desenvolveu xunto con BioNTech para evitar a transmisión do virus, aínda que advertiu de que a información obtida nos ensaios aínda non é "concluínte".

No marco dun evento organizado polo grupo do Partido Popular Europeo (PPE) no Parlamento Europeo, Bourla explicou que, aínda que non son datos definitivos porque aínda non se efectuaron ensaios en humanos, as probas en animais arroxaron que a vacina dá unha "protección significativa". Ao seu xuízo, trátase de "datos prometedores" e augurou que a farmacéutica terá información "máis concreta" ao longo de febreiro.

"Estamos a ver se ademais de protexer á xente, (a vacina) tamén protexe a transmisión do virus. Non temos nada concluínte. Sabemos que en animais dá unha protección significativa para a transmisión do virus pero non probamos aínda en animais. Temos algúns datos prometedores e creo que o saberemos nalgún punto en febreiro", dixo.

O CEO de Pfizer subliñou tamén que "a duración da protección" que outorga a vacina "está na cabeza de todos" pero "hai que esperar" para ter máis información respecto diso. Segundo explicou, as persoas ás que se forneceu a vacina hai seis ou sete meses manteñen "niveis moi altos" de inmunidade.

"Agora hai que esperar un ano para ver se a manteñen, e despois dous anos. A boa noticia é que se vemos que a protección baixa, sabemos que cunha soa dose podemos aumentala e manter a inmunidade", engadiu.

NOVAS VARIANTES

Bourla aproveitou a súa participación no evento para lembrar que, segundo os experimentos 'in vitro' que se realizaron, a vacina de Pfizer e BioNTEch ten unha "alta eficacia" contra as dúas novas variantes, a británica e a surafricana, aínda que é necesario "medir os ensaios clínicos para estar seguros".

Nunha liña similar, o director médico de Moderna, Tal Zaks, apuntou que "ata agora" non se viron "infeccións significativas de persoas" que foron inmunizadas previamente ou que pasaron a enfermidade con variantes anteriores do virus.

En calquera caso, Zaks asegurou que se unha futura variante "escapa" á inmunidade que outorgan as vacinas desenvolvidas chamaríaselle probablemente "Covid-21" e os laboratorios farmacéuticos poderían "dar ao mundo unha nova versión (das vacinas) en cuestión de semanas ou meses".

Unha traballadora sanitaria administra a vacina
Unha traballadora sanitaria administra a vacina | Fonte: Eduardo Sanz - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta