O impacto da pandemia nos autobuses galegos: caen un 40% os seus viaxeiros

O número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do estado esborrallouse un 73,3%.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/01/2021 | Actualizada ás 10:36

Comparte esta noticia

Os viaxeiros transportados por autobús caeron un 39% en novembro en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata un total de 3.378.000 usuarios, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

No que ía de ano 2020 entón, é dicir, ata o penúltimo mes do ano pasado, este transporte acumulaba un descenso do 41,7% no número de viaxeiros na comunidade galega.

No conxunto estatal, o número de viaxeiros que optou por viaxar en avión para desprazarse polo interior do estado esborrallouse un 73,3% o pasado mes de novembro respecto ao mesmo mes do ano anterior. En total, só 865.000 viaxeiros usaron o avión para os seus desprazamentos en novembro, mentres que os viaxeiros que utilizaron o AVE sumaron 358.000 usuarios, un 80,4% menos que en igual mes de 2019.

Segundo a estatística de transporte de viaxeiros do INE, que reflicte o impacto da pandemia no uso dos distintos medios de transporte, o número de usuarios do transporte público baixou en novembro un 45% en taxa anual, ata os 244,4 millóns de pasaxeiros.

Nos once primeiros meses do pasado exercicio, o número de viaxeiros reduciuse case á metade respecto ao mesmo período do ano pasado.

Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo
Bus, autobús, plan de transporte. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta